Skip to Content

Monthly archive

As familias sacan as patacas

Saco de patatas. bolsa de arpillera de dibujos animados llena de papa  madura montón, ingredientes alimentarios, ilustración vectorial aislado  sobre fondo blanco | Vector Premium

 

Hoxe mércores 14 de xuño de 2023 un equipo de familias, estiveron traballando arreo na horta da escola. Con aparellos de labranza, sacaron as boas patacas que medraron e que plantaran o alumnado de infantil. Moitísimas grazas a todas as familias polo seu esforzo e o seu tempo.

(Preme na imaxe para máis información)

CADROS NATURALES

hojas otoño gif dubravka4, hojas , otoño , gif , dubravka4 - GIF animado  gratis - PicMixCADROS NATURAIS.

Dende o Equipo de Voz Natura, propuxemos unha derradeira actividade artística con elementos naturais, neste curso 22-23. 

Cada nivel tiña que crear un cadro natural, que foron expostos nos corredores principais da escola, despois dunha votación popular de mestre e alumnos o crado gañador foi a clase de 5ºB, cunha composición con follas e flores representando o escudo da temática do seu proxecto anual Harry Potter .

Encantounos!! Parabéns!! Aquí vos deixamos o video onde está presente a pegada de todo o colexio nesta galería de arte digna de admirar.

Magníficos traballos!!.

 

Saíron creacións fantásticas

 

Deporte na escola

 DEPORTE ESCOLAR.

 Encontros Multideportivos

 CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles de Tui

 Curso 23-24

 Xoves  día 2 de  novembro de 2023

  O pasado xoves día 2 de novembro de 2023 tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Encontros Multideportivos entre os CEIP Nº2- CEP Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h ,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 4ºB. Xogamos a balonmán, volei, bádminton, baloncesto, xadrez e fútbol-sala. Grazas ao colexio Pedro Caselles pola súa visita.

PLANTAMOS CENORIAS

▷ Zanahorias: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100 ...PLANTAMOS CENORIASalimentos-zanahoria.gif (250×349) | Imagenes animadas, Gracioso gif, Gifs

Curso 22-23

Aproveitando que esta semana fai Sol, os nenos e nenas de 4 anos sairon á horta a plantar cenorias.

Visitar a horta sempre é unha actividade que lles gusta moito. 

 

Día da Muller

Día Internacional da MullerDía Internacional de la Mujer 2023: origen, significado y por qué se celebra el 8 de marzo en España

8-marzo-23

C.E.I.P Nº2 de Tui.

Hoxe día 8 de marzo de 2023, celébrase o " Día Internacional da Muller" baixo o lema " Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero". Dende o equipo de deporte no 2, sumámonos para poñer en valor, esta iniciativa que no noso centro impulsou o Departamento de Orientación e a biblioteca. 

Un manifesto en defensa da muller, da igualdade na vida e no deporte, escrito polo alumnado de 6ºA ao que lle puxeron voz: Alicia, Alexia, Anxo e Sabela. Unha cantiga " Chea de Vida" de Gaudí Galego que cantada polo noso alumnado nos fixo vibrar neste acto.

 

O alumnado de 5º de Educación Infantil aproveitou estes días, para traballar mulleres importantes nas súas vidas e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.

 

O alumnado de 6º de Educación Infantil aproveitou para traballar , para traballar mulleres de Tui e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.

Grazas a todos por momentos tan importantes para a vida coma estes. 

Lecturas Deportivas

Dragon Ball

Xoel 5ºA.

O pasado xoves 23 de febreiro de 2023, Xoel de 5ºA aconsellounos unha lectura de cómic: Dragon Ball.

 

Dragon Ball Super é unha serie de anime producida por Akira Toriyama e Toei Animation. Este é o libro do manga de Dragon Ball e a primeira serie de televisión que ofrece unha nova historia despois de dez anos. Aquí vos deixamos o enlace a toda a saga Dragon Ball

Dragon Ball Color Origen y Red Ribbon nº 01/08 (Manga Shonen) : Toriyama,  Akira, Daruma Serveis Lingüistics S.L.: Amazon.es: Libros

Aliméntate ben

Inicio | Ti si que es un bo peixeTi si que es un bo peixe.

Inicio | Ti si que es un bo peixe

 

O 18 e 19 de maio de 2023, tivemos na escola unha visita moi especial, viñeron os amigos de "ti si que es un bo peixe".

 Eles falaronnos da importancia que teñen o mar e as rías galegas, como base dunha alimentación equilibrada. Aprendemos os diferentes artes de pesca, e a variedade de peixes coa súa importancia en aporte enerxético.

Todo o alumnado gozamos coas súas actividades.

 

Residuos 0

O C.E.I.P Nº2 DE TUI ESCOLA RESIDUOS O.

Seguimos ao igual que o curso pasado a traballar, para ser unha escola residuos 0. Para iso o noso alumnado, familias e mestr@s están a tomar conciencia da importancia de merendas saudables e sen residuos nos nosos patios. Para isto cada clase ten a súa caixa para deixar os envases durante o tempo de lecer. Cando remata o recreo son recollidos e levados de novo a casa, para poñer a disposición das merendas do día seguinte.

Queremos deixar unha gran pegada no planeta.

 



by Dr. Radut