Mundo electoral
Chegada a data electoral á comunidade, aproveitamos o momento para facer partícipes aos alumnos do centro, dun acto de responsabilidade, a mesma que nun futuro terán nas súas mans.
E que mellor maneira, que organizar unhas elección no propio centro, no que os alumnos poden presentarse como candidatos, facer a súa campaña, incluindo radio e publicidade visible nos corredores, e agardar, con nervios incluidos, as votacións, reconto e anuncio dos elixidos para a gloria.
Estas consistiron en votar o noso representante de patio. Para iso, presentáronse varios candidat@s dos cursos de 5º e 6º de Primaria.
Seguiron uns intensos días de campaña electoral e o riguroso día de reflexión. O pasado Venres 19 de Outubro celebráronse as votacións no centro: nas mesas electorais, cada curso pasaba a votar con seu carnet en mano e a papeleta para depositala na urna correspondente.
A xornada desenvolveuse sen incidentes. Despois do escrutinio, e vendo como os candidatos se superaban uns a outros unha e outra vez, chegou o gran momento de anunciar os postos acadados, dende o gañador ata os demais.
Agora, e despois desta boa experiencia para os rapaces so queda esperar que os candidatos cumplan o seu mandato cumplindo todo o prometido.
Ata as próximas eleccións.