Skip to Content

Monthly archive

Memoria SAME 2011

 

Memoria SAME 2011

 

"A educación non é un conto.
Polos dereitos das nenas e das mulleres"
Baixo este lema,  miles de alumnos, alumnas, docentes (entre os que estaba unha representación do noso colexio) xunto a varias organizacións non gobernamentais e personalidades do mundo da cultura, uníronse  reclamando aos representantes políticos un maior compromiso e unha maior vontade para garantir o dereito fundamental á educación de tódalas persoas, en especial a educación das nenas e as mulleres, e insistir na necesidade de actuar de maneira urxente, pois aínda dous terzos das persoas adultas sen alfabetizar son mulleres; e dos 69 millóns de nenos e nenas en todo o mundo sen escolarizar, o 54% son nenas.
Este vídeo recolle  actividades levadas a cabo en Galicia durante a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), qué unha das principais actividades de sensibilización e mobilización social da Campaña Mundial pola Educación.
Algunhas das imaxes do vídeo foron gravadas na nosa Biblioteca coa participación de alumnos e alumnas de 5º do noso colexio.

Día do libro

O pasado 23 de abril foi a celebración do DÍA DO LIBRO e para iso realizáronse, previamente, as seguintes actividades:


  • Os nen@s de 1º ciclo redactaron unha carta de amor (que algúns nen@s leron nese día na catedral) dirixida ás bibliotecas e realizaron un collage con fotos ou imaxes de libros para elaborar a letra T, e en colaboración cos outros centros educativos do noso concello, para formar a frase EU AMO AS BIBLIOTECAS.

  • Os nen@s de 2º ciclo e 3º ciclo elaboraron un cartel que, logo, os nen@s tiñan que levar escrito e colgado no corpo, na que aparecía escrito unha frase sobre libro ou lectura.

                                         

 

De forma que neste día foron cun libro que trouxeron da casa vello ou que tiñan moi lido para deixalo no claustro da catedral do noso concello, xa que as condicións meteorolóxicas non foron favorables e intercambiáronno con outro que outro nen@ deixara previamente.

 

 

Preme aquí para ver máis fotos

FESTIVAL FIN DE CURSO INFANTIL 2011-12

 

 

Fai clic en cada unha das actuacións do festival.

1    2    3   4   5   6   7   8   9

 

 

 

 

 

6º Non é fácil

Sorry, flash is not available.

SAN VALENTÍN

 

SAN VALENTÍN

Co motivo do día de San Valentín, e aproveitando a temática do Río Miño, fíxose fotos a varios nen@s de cada curso para logo pegalas en corazóns que logo, discurrían polo río abaixo nos corredoiros do noso centro. Ditos corazóns ían escritas mensaxes de amor e amizade, e en galego.

 

Fai CLIC aquí para ver as fotos dos nen@s na nosa ponte internacional.



by Dr. Radut