Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

Instalacións

Instalacións

 

 

No noso centro buscamos unha biblioteca directa ao corazón, un espazo educativo que sexa un espazo de diversidade. Cada curso abrimos as portas coa ilusión de ver vida nela, de acoller novos libros, familias, mestres, nen@s, aventuras, investigacións, conversas…

 

Cando seleccionamos os recursos (libros e outros materiais), buscamos que cheguen ao alumnado a través dos 5 sentidos, tendo en conta a diversidade de intereses e as propostas que nos dan persoalmente cando veñen á biblioteca, ou a través das titorías e o Consello d@s nen@s. Pero tamén buscamos as visitas dos mestres e familias non só para a búsqueda de información para as investigacións e traballos de aula, senón tamén para formarse sobre metodoloxía, educación, ioga, atención á diversidade, recursos… Mantendo a biblioteca aberta tamén polas tardes de 16:00 a 18:00 para poder recibir as súas visitas e contaxiar o gusto pola lectura.