Skip to Content

    

 

EXCURSIÓN ÁS ILLAS ONS

 

Fai clic nas imaxes e poderás ver todas as fotos que fixemos na excursión.

 

XXI Concurso Literario

MATRÍCULA PARA O CURSO 2016/17

 

 

Segundo o disposto na  Orde. do  12 de marzo do 2013 ( DOG 26/12/2012) , pola que se regula o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, ábrese o prazo para a solicitude de admisión de matrícula neste centro, de acordo coas seguintes normas:

   Os alumnos que queiran SOLICITAR PRAZA NESTE COLEXIO POR 1ª VEZ, poderán facelo  na Secretaría do Centro do 1 ao 29 de marzo  de 9:00 a 13:00h.

-          DOCUMENTACIÓN.

1.      Instancia a cubrir no centro.

2.      Fotocopia do DNI dos pais ou titores legais.

3.      Fotocopia do Libro de familia (de todas as páxinas cubertas).

4.      Certificado de minusvalía, se é o caso.

5.      Certificado de empadroamento expedido polo Concello.

6.      Certificación médica de que o neno/a está ben vacinado/a e non ten enfermidade contaxiosa.

7.      Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.

8.      Dúas fotografías tamaño carné.

  ADEMAIS:

9.      A solicitude terá que estar asinada por calquera das/dos titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

10.  Certificado do centro do que proceden no que conste o ano e ciclo que cursou ( só aqueles que fagan un traslado de colexio)

¨       O alumnado que xa está escolarizado neste centro e que quere continuar nel os seus estudos para o vindeiro curso, non terá que facer reserva de praza.

                              

FURABOLOS INFORMA

Distribuir contido


by Dr. Radut