O DÍA DA PAZ NA AULA DE 1º, 2º E 3º

Aínda que non nos puidemos xuntar co resto do colexio por mor das restriccións impostas polo Protocolo Covid19, os nenos e nenas da aula de 1º, 2º e 3º non deixaron de celebrar o día da paz, un día para condenar a violencia e conmemorar os ideais de paz.

Na clase, aproveitamos para reflexionar sobre os distintos problemas e inxustizas que nos arrodean, e para concienciarnos de que a solución atoparémola nos valores que promove a cultura da paz: respecto, tolerancia, comunicación, empatía...

Durante toda a semana escoitamos a canción "Se buscan valientes", que lanza unha mensaxe contra o acoso escolar e anima aos nenos e nenas a ser valentes e non quedar calados ante as inxustizas.

Tamén creamos o noso "muro da paz", feito con ladrillos que conteñen os valores promovidos nesta data.

Para rematar, fixemos unhas pombiñas brancas (símbolo da paz) que nos serviron para decorar o noso pequeno "recuncho da paz" e formar parte do proxecto común do colexio.

Desexamos que o día da paz non se celebre só o 30 de xaneiro, senón todos os días do ano e así afiancemos os valores de tolerancia, respecto, amor, amizade e comunicación... sempre.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer