COIDAMOS DO NOSO COLE

Esta semana todas as nenas e os nenos do cole estivemos traballando moito para coidar do noso cole... porque nos gusta, porque é chulísimo e porque está rodeado de natureza, que sorte temos!
A clase dos medianos, ben organizados por Ángeles, estiveron recollendo as follas do patio, para que quede moi limpiño e sobre todo para evitar posibles caidas e posibles esbaróns! Encheron 3 sacos enormes, mirade!

Pero non só limpamos o patio, as compañeiras e compañeiros da aula dos maiores, coa axuda da súa titora, investigaron sobre como protexer as árbores e prantas que rodean o centro. Fai uns anos tiveran que talar unha árbore por mor dunha praga de orugas procesionarias e non queríamos que isto volvese a suceder. E que descubriron? Pois que se mesturamos augua con xabón da louza e rociamos as árbores con esta pócema, as orugas permanecerían lonxe. 
Entre todos puxémonos mans á obra e con moito cariño protexemos e coidamos as nosas prantiñas! Ata a próxima familias, agardamos que vos gustara a entrada de hoxe!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer