NOVOS ESPAZOS DO COLE

Xa chega o outono!! E no cole, notámolo... Os días que chove non podemos saír ó patio, por iso quixemos acondicionar un novo espazo de desfrute para os máis pequenos: O "Recuncho Chill Out".
Nel poderemos relaxarnos e divertirnos na casiña, no espazo alfombrado, a zona de xogos de mesa e a cociniña. Seguro que o pasaremos xenial, mirade! (aínda temos que pintalo ó noso gusto, jeje...)

E tamén queremos que vexades o que descubrimos este luns cando entramos na clase de infantil... A nosa aula é máxica! Vaaale, xa sabemos que a maxia é para os contos pero e que cando chegamos tiñamos un montón de cousiñas novas coas que xogar, aprender e ordenar os nosos materiais. Foi máxico!  Agardamos que vos guste tanto como a nós!

Ata a próxima, familias!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer