ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025 (CONSIDERACIÓNS PREVIAS)
CUESTIÓNS A TER EN CONTA ANTE A PROXIMIDADE DO INICIO DO PERÍODO DE
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
- O alumnado que xa está actualmente no centro NON ten que facer ningún trámite para seguir matriculado con nós o vindeiro curso (paso de infantil a primaria tampouco).
- O prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITIDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO será do 1 ao 20 de marzo.
- Este ano AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS SERÁN OS DÍAS 27 DE FEBREIRO E 5 DE MARZO (de 16 a 17 h). As familias interesadas en matricular aos seus fillos ou fillas no noso colexio poderán visitarnos e coñecernos mellor nestas datas.
- Desde hoxe, e durante o período de presentación de solicitudes, teremos publicada na nosa páxina web máis información sobre o funcionamento e as características do noso centro (ver tríptico).
- Ademais tentaremos contestar telefónicamente todas as vosas preguntas ou dúbidas durante o horario lectivo do colexio (de 9:00 a 14:00 h).
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO E UN TRÍPTICO INFORMATIVO DO CENTRO
(Preme nas imaxes)