try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Novas

CASTELOS E CABALEIROS

CASTELOS E CABALEIROS

Este ano regresamos á época medieval (época dos cabaleiros, das princesas, dos dragóns, dos torneos, dos xograres...). O noso colexio converteuse nun enorme castelo medieval e todas as actividades educativas que estamos levando a cabo xiran en torno a este tema.

Este proxecto ten as súas orixes na biblioteca pero pouco a pouco foise extendendo a todos os recunchos do noso centro.

 

Deseguido ímosvos contar como a nosa escola se foi transformando neste gran castelo.

Nun primeiro momento, as nosas paredes transformáronse en fortes muros de pedra. 

Despois,cada unha das nosas pequenas damas e dos nosos pequenos cabaleiros deseñou un escudo. Non pensedes que foi unha tarefa sinxela, pois estes non son uns escudos calquera. Cada un dos escudos agocha a historia do nome das súas casas. Unha historia sobre a que os nosos alumnos/as tiveron que investigar para poder plasmala despois nos seus escudos. Unha vez feito este traballo  colgamos estes escudos nos fortes muros do noso castelo.

                                                                   

Pero...o noso castelo non ía ser un edificio baleiro, decidimos que as portas das nosas aulas cobraran vida medieval así atoparedes en cada unha delas un personaxe típico dos castelos. Quen non leu historias de castelos e...bruxas...? dragóns? cabaleiros? e bufóns?

                                                 

Sabedes que naquela época se construían vidrieiras para que a luz entrase nos castelos?  Pois no noso castelo temos tamén unhas vidrieiras ben bonitas...

                                      

  

Tamén investigamos sobre as distintas costumes da época: vestiario,  formas de divertirse, mobiliario...

 

  

Por fin chegou o Nadal!!! Por suposto ambientamos o noso Belén na época medieval. Tivemos que seguir pescudando nesta época da historia para conseguir transportarnos no tempo e... parécenos que o logramos!! Ollade as casas, quedaron ben, verdade? E que opinades das damas e cabaleiros?

Despois chegou o entroido!!! E para celebralo convidamos ao noso castelo a personaxes medievais: príncipes e princesas (alumnado de Infantil), bufóns (alumnado de 1º e 2º nivel de E. Primaria), magos (alumnado de 3º e 4º nivel de E. primaria) damas e cabaleiros (alumnado de 5º e 6º nivel de E. Primaria) e algúns personaxes da zona que nos acompañaron nesta celebración.

 

E falando de personaxes medievais non podemos esquecer os trobadores que se encargaban de alegrar a vida nos castelos e nas prazas medievais. Pois ben, investigamos que o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Xosé F. Filgueira Valverde, foi un estudoso da poesía medieval aquela que os trobadores compartían co seu público.  A raíz deste estudo deseñamos o noso mural das Letras Galegas. Que vos parece?

 

 E para rematar vámosvos presentar ós donos deste castelo. O rei do castelo de Monseivaine e a súa belísima dona, a raíña de Monseivane.

 

BIBLIOTECA

Desde este mes de outubro está funcionando o servizo de préstamo da biblioteca do colexio. Todos os libros están rexistrados nun programa informático gratuito "BIBLIO". Este programa permítenos sacar estadísticas dos libros máis lidos, o número total de libros lidos nun ano, o historial de cada alumno/a,... Unha ferramenta gratuita que nos axuda a facer máis levadeira o control da biblioteca

Distribuir contido