try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

BLOGUE DO COLEXIO: peregrinosmoreda.blogspot.com.es

Podedes consultar todas as nosas actividades na seguinte dirección web:

http://peregrinosmoreda.blogspot.com.es/

Venres de Pascua

Venres de Pascua

O pasado venres, 7 de abril, festexamos no colexio o Día de Pascua. Os nenos e nenas do colexio seguiron as pistas en inglés que escribiu a profe Lucía. Buscaron ovos de chocolate por todo o patio que recolleron nos seus cestos para logo comelos.

 

   

 

DÍA DA ÁRBORE 2017

DÍA DA ÁRBORE 2017

O pasado venres, 24 de de marzo, festexamos o día da árbore plantando un ameneiro ó que os nenos e nenas de sexto bautizaron como "Amenín, O Pelegrín". Tamén recitamos unhas cantigas e cantamos o himno galego.

 

FESTA DO ENTROIDO 2017

FESTA DO ENTROIDO 2017

O pasado 24 de febreiro festexamos no CEIP Monseivane a Festa do Entroido. Primeiro fixemos un desfile ó redor do colexio e tamén algunhas fotos de grupo que vos mostramos a continuación. Logo bailamos e cantamos no pavillón, fixemos unha gymkana do camiño superando varias probas e conseguindo así selar a credencial e obtendo a compostelá en Santiago. Por último, merendamos as sobremesas que nos trouxeron as familias e fixemos o xuízo do Entroido, lemos o seu testamento e defensa; e rematamos ca súa queima. 

Tamén sorteamos a cesta do entroido que este ano gañouna Ismael de quinto, NORABOA E MOITAS GRAZAS A TOD@S

 

 

 

 

 

DIA DA PAZ

DIA DA PAZ

O pasado luns, 30 de xaneiro, festexamos no colexio o Día da Paz, fixemos maxia no camiño e transformamos as cousas malas en boas meténdoas nunha chistera e dicindo unhas palabras máxicas. Rematamos, bailando a canción "Bajo el mismo sol".

 

 

 

FELICES FESTAS

FELICES FESTAS
BO NADAL A TOD@S!
Hoxe festexamos, no CEIP Monseivane, a chegada do Nadal e  das vacacións. Primeiro cantamos, bailamos e tocamos ca frauta panxoliñas. Logo comemos doces navideños e recibimos a visita de Papá Noel, que veu cargado de lamboadas. E, por último, fomos á taquilla mercar as entradas e as palomitas para ir ao cine. Que ben o pasamos!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

VISITA DO CD LUGO

VISITA DO CD LUGO

O pasado martes tivemos unha visita moi especial de algúns xogadores do Club Deportivo Lugo que  convidáronnos a velos no seu estadio Anxo Carro a vindeira xornada de liga que enfróntanse contra o Huesca

 

  

MAGOSTO 2016/2017

MAGOSTO 2016/2017

Na tarde do pasado venres, 4 de outubro, festexamos o Magosto. Os nenos e nenas de 6º, vestidos de castañeiros e castañeiras, asaron unhas poucas castañas. Todos xuntos participamos en diferentes xogos no pabellón. E, para rematar, comemos castañas!

 

 

 

  

FESTA DE SAMAÍN 2016-2017

FESTA DE SAMAÍN 2016-2017

Na mañá do venres, 4 de outubro, festexamos o Samaín no CEIP Monseivane. Alumnado e profesorado vestímonos da maneira máis terrorífica para celebrar dita festa. Comezaron actuando os máis pequenos do colexio, seguindo os de primaria e rematando todos xuntos cun baile ao ritmo da canción "Los esqueletos".

 

 

  

 

TRAMO GOIRIZ-VILALBA

TRAMO GOIRIZ-VILALBA

Hoxe, 28 de outubro, os nenos e nenas do colexio de Moreda convertéronse en peregrinos dende Goiriz ata Vilalba. Disfrutaron deste tramo do camiño seguindo os sinais ou hitos, vendo e disfrutando da paisaxe, collendo castañas e mesmo poidemos visitar tamén a Torre dos Andrade por dentro. Que ben o pasamos!

 

 

 

 

Distribuir contido