try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Voz Natura

LIMPEZA DO PATIO

Fixemos unha limpeza no patio do colexio. Recollemos os papeis, envoltorios e demais lixo. Parece que estamos bastante concienciados de que debemos manter o patio limpo e esperamos que cada vez encontremos menos lixo no noso patio. Para ver as fotos da recollida, pulsa aquí

NIÑOS

Colocamos niños nas árbores e outros sitios do colexio e esperamos que algún paxaro os elixa como o seu novo fogar. Podes ver as fotos pulsando aquí

VOZ NATURA _ A LAGOA DE COSPEITO

 

 O xoves,26 de novembro 2008, todos os nenos e nenas do colexio fomos coñecer a Lagoa de Cospeito. Esta actividade está enmarcada dentro do programa "Voz Natura". O título do noso proxecto para este ano é "Manual dun neno de primaria para curar a terra". Para ver as fotos, pulsa aquí

VOZ NATURA

Voz Natura  Este curso 2008/2009 participamos nunha nova edición de "Voz Natura". O tema que imos traballar é "Manual dun neno de Primaria para curar a terra" . A situación do noso centro, zona rural, permite que os nosos alumnos e alumnas poidan comprobar como podemos axudar á conservación do medio. Moi pronto vos diremos todas as actividades que imos desenvolver

Distribuir contido