try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

ENTROIDO 2011

 O venres 4 de marzo, pola mañá, celebramos o Entroido no colexio. O motivo que representamos foi unha voda. Houbo camareiros, invidatados, tortas nupciais, o cura e, por suposto, os noivos. Todos ían moi fermosos e hai fotos moi bonitas que podéis ver pulsando aquí

FESTA ENTROIDO 2011

O día 4 de marzo, día que celebramos o carnaval, tivemos unha sesión de xogos a cargo da empresa TOTAL SPORT: hinchables, paracaídas, pintura de caras,... Foi unha experiencia divertida e, por suposto, para repetir.

O GATO CON BOTAS

 O día 02 de febreiro de 2011, os nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria acercaranse ao Auditorio Carmen Estévez de Vilalba para para presenciar a representación "El gato con botas" de Einaescola. Esta actividade está subvencionada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.

CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO

O Centro de Artesanía e Deseño vai realizar dous obradoiros neste centro. Do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro ten lugar un obradoiro de Cestería. O outro obradoiro, que traballará a reciclaxe de papel, vaise desenvolver do 11 ao 13 de abril de 2011. Estes obradoiros son gratuitos e o horario  é de 16:30 a 19:45 horas.

DÍA DA PAZ

O dia 29 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio.


Fixemos un tren que viaxa cara á paz e que vai cargado de pombas, corazóns  e símbolos da paz. Tamén cantamos e bailamos unha canción, este ano "No dudaría" de Antonio Flores. Temos fotos que poder ver pulsando aquí

VISITA A CASA DAS CIENCIAS

O día 20 de xaneiro de 2011 fixemos unha excursión á Coruña para visitar o Acuario, o Museo do Home  e a Casa das Ciencias. Foi un día cheo de experiencias novas: vimos tiburóns, comprobamos a nosa forza,  saber como se move o noso esqueleto, ... En fin moitas cousas para contar na casa e aos nosos amigos e amigas. Temos moitas fotos que podes ver pulsando aquí

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

En decembro de 2010, tal e como tiñamos programado, os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria fixeron unha visita a Santiago para despedir o ano santo. Visitaron a catedral, viron "voar" o botafumeiro e percorreron as rúas máis emblemáticas da cidade. Podes ver as fotos pulsando aquí

Distribuir contido