Skip to Content

VISITA ALUMNOS 6º DE INFANTIL . XINZO DA LIMIA

Seguen as visitas programadas ao Museo Galego do Entroido Na mañá do mércores tocoulle o quenda

aos rapaces e

rapazas de 5 anos do CEIP Mestre Vide de Ourense que solicitaran xa fai tempo a visita.

Nin que dicir ten que a visita foi seguida con moita atención polos cativos, pódese comprobar na instantánea,  aínda que segundo manifestaron os responsábeis do museo algún que outro cando chegou a sala principal e se atoparon de fronte coa máscara de Viana do Bolo, o susto tardóuselle de sair do corpo.

Houbo outros rapaces e rapazas que xa coñecían perfectamente a Pantalla, posto que aínda que tendo tan solo 5 anos, xa levan vindo ao Entroido de Xinzo dende cativas e cativos  e sobre todo despois do traballo,  que seica levaron pintando e modelando dende fai días a Pantalla do noso Entroido. Quizás sexa porque a profesora é veciña  de Xinzo e unha gran experta en  manualidades.



page | by Dr. Radut