Skip to Content

Aula de Altas Capacidades

Contén información e exemplos das actividades realizadas polo alumnado da aula de altas capacidades do CEIP Mestre Vide

ORIENTACIÓN A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO

Ante esta primeira prorroga do estado de alarma, quero poñerme a disposición de toda a comunidade educativa que puidese necesitar dos servizos de orientación do centro.

 

Ademais de todas aquelas orientacións e actividades que dende o equipo de profesorado en xeral e dende o Departamento de Orientación en particular se teñen colgado na páxina web do centro, quero poñerme a disposición de toda a comunidade educativa que puidese necesitar dos servizos de orientación do centro e moi especialmente para aquel alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

 

Xa non solo porque eticamente coido me corresponde, senón tamén porque a lexislación así o indica: Decreto 229/2011 de Atención á Diversidade no seu Capitulo VII artigo 42.4. Os centros docentes promoveran a posta en marcha .... ou das medidas que correspondan para que as nais, pais ou titores legais reciban información e asesoramento que os axuden no seu labor educativo...

 

Nesta situación totalmente nova para todos, aprenderemos moitas cousas, entre outras a traballar, e apoiarnos nesta tarefa a través da rede. Por isto vos deixo o meu correo electrónico, para que poidades contactar individualmente e con certa protección de datos: m.hernan@edu.xunta.es  Unha aperta.

Fin de curso

Para rematar o curso o alumnado da aula de AACC do CEIP Mestre Vide compartiu co seus compañeiros e compañeiras algunhas das súas presentacións realizadas ao longo deste curso académico. Ademais, todos os participantes da aula recibiron un diploma pola súa participación ao longo deste ano.

Collage_AACC

 

exemplo_diploma

Pasade un moi bo verán!

Charla sobre informática na aula de AACC

Hoxe xoves 15 de xuño de 2017 visitou a nosa aula de AACC Arno Formella, profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Escola Universitaria de Enxeñeiros Informáticos da UVigo (Campus de Ourense). A charla foi do máis dinámica e versou sobre unha das bases da informática, os algoritmos. Utilizando pasta alimentaria (espaguetes e sopa de letras) o ponente fixo comprender ao noso alumnado como funcionan os ordenadores.

Collage informática

Foto de grupo charla informática

Ademais, puideron ver a aplicación de algoritmos cun vídeo de Youtube no que se pode apreciar como un ordenador ordena "espaguetes" seguindo distintos algoritmos. Realmente interesante!

Moitas grazas Arno pola túa visita e a túa colaboración.

Poesía na aula de AACC

O xoves 8 de xuño visitou a aula de AACC do CEIP Mestre Vide José Ramón Fernández Morgade. O poeta compartiu co noso alumnado os motivos que o levaron a mergullarse no mundo da poesía, a orixe do Círculo Poético Ourensán e como non a súa poesía.

poesia na aula

aula_AACC

Ademais, o autor agasallounos con 4 libros, dúas copias por duplicado das súas obras "Me evaporo" e "Lúas do Deserto" Moitas grazas por ese agasallo e por esa enriquecedora visita.

Cultura con Vide (Blog Altas Capacidades)

Banner blog AACC

 Xoves 01 de xuño de 2017

Resumo maio 2017

Este mes houbo cambios na aula de AACC. Comezamos novas aventuras e novos proxectos e aínda queda moito por chegar. Non vos perdades o resumo realizado por Sara.

Resumo maio 2017

Por outra banda, xa está listo o vídeo montado por Borja que recolle a visita de Telemiño á aula de AACC e a nosa ao seu plató. Esperamos que vos guste!


 

CHARLA ALTAS CAPACIDADES

Non vos podedes perder este PowerPoint sobre a charla que se celebrou en Lalín dentro dunhas xornadas de AACC para o profesorado.Fai clic na imaxe para descargala.

Cultura con Vide

Xa podedes ver online o Xornal Escolar no que participou a aula de AACC

Chegou o día! xa podedes ver online o programa do "Xornal Escolar" de Telemiño, emitido o 13 de maio, no que participou o alumnado de AACC do noso centro. Non o podes perder!

Cultura con Vide (Blog Altas Capacidades)

 

Xoves 4 de maio de 2017

Por outra banda o noso alumnado tamén ten algo máis que recomendar en relación ao próximo día das letras galegas.

Podes acceder a esa páxina e a todos os seus recursos podes facer clic na imaxe que tes a continuación.


 

 

 

 Venres 28 de abril de 2017

 

 

 

Permanecede atentos e atentas porque o 13 de maio emitirase o programa.

 


 

Martes 04 de abril de 2017

 

 


  Venres 24 de marzo de 2017

Nota informativa

Dende o CEIP Mestre Vide deixamos unha pequena síntexe das actividades que se realizan na aula de AACC do noso centro. Podedes acceder ao documento facendo clic na imaxe.

Nota informativa

Extra, extra!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut