Skip to Content

Educación Primaria

UNIDADE DIDÁCTICA: "DETERIORO DO GALEGO"

O alumnado de 3º B realizou unha Unidade Didáctica sobre o deterioro do galego como lingua propia na que levaron a cabo, entre outras actividades, enquisas sobre o uso do idioma dentro do propio grupo. Tamén deseñaron carteis para animar a usalo e en homenaxe a Luisa Villalta. Contos e poesía amenizaron as sesións de hoxe día 16 de maio, tanto elaborados polo propio grupo como polo alumnado de 5º de Educación Primaria que nos visitou e recitou as súas creacións.

Feliz día!

 

TORNEO DE BÁDMINTON CEIP MENÉNDEZ PELAYO

Entre as dúas últimas semanas de abril e a primeira de maio tivo lugar o primeiro torneo de bádminton no colexio Menéndez Pelayo. Os participantes foron os alumnos e alumnas de 5º e de 6º de Educacdión Primaria e realizouse durante os recreos. A participación foi masiva, tendo un total de 82 participantes que xogaron por parellas. O torneo foi un éxito, xa que foron semanas de emocións, compañeirismo e moita ilusión. Creouse unha gran expectación, xa que sobre todo nos últimos partidos houbo unha gran afluencia de espectadores, animando sen parar aos e ás finalistas.

 

 

 

SAÍDA CASTRO DE VILADONGA (4º PRIMARIA)

O día 24 de abril os nenos/as de 4º de Primaria viaxaron ao pasado, visitando o "Castro de Viladonga", o museo e fixeron un taller de cerámica...Eles xa sabían moitas cousas da época castrexa, pero o máis chulo de todo foi ver todo o aprendido in situ, foi unha experiencia inesquecible...

 FAI CLIC 

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Castro Viladonga (4º primaria)

SAÍDA CASTRO VILADONGA (6º PRIMARIA)

O venres 22 de marzo o alumnado de 6º de Primaria visitou o "Castro de Viladonga", viaxaron no tempo para adentrarse na cultura castrexa visitando o Castro e coñecendo de primeira man como se organizaban e vivían a sociedade Castrexa. Tamén realizaron unha divertida visita guiada ao museo na que tiveron que buscar información para completar os cadernos de campo. Para rematar participaron nun obradoiro de "pallabarro", técnica empregada na elaboración das vivendas castrexas, agora queda agardar á chegada do Arde Lucus para a nosa seguinte saída.

 

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Castro Viladonga (6º primaria)
Distribuir contido


by Dr. Radut