Skip to Content

D. Manuel Núñez López

 

Benvidos á páxina web do C.E.I.P. Menéndez pelayo.

Desde fai anos vimos traballando coa convicción de que para educar hai que formar. O educador é un formador tanto da parte máis nobre da persoa que é a intelixencia como da máis vulnerable que é o corazón. Por iso educar non é un traballo calquera, esixe moita responsabilidade para que, o que se transmita nos sucesivos anos de permanencia dos alumnos no centro, segundo as etapas e circunstancias, lles de as armas para distinguirse na vida como unhas persoas íntegras. Ese é o desafío de cada ano, cada día e con cada un dos nosos alumnos.

Coñecer a cada neno para descubrir as súas debilidades e fortalezas, para valorar a cada un segundo as súas posibilidades e esixir ao máximo cun acompañamento cercano,familiar e constante.

Queremos que o paso polo Colexio Menéndez Pelayo deixe en cada un, tanto no seu corazón como na súa cabeza, a sensación de que o paso pola escola foi armónico e proveitoso.

É un traballo arduo, pero vale a pena!



page | by Dr. Radut