25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
As alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz súmanse un ano máis á loita contra a Violencia de Xénero, sen dúbida unha das grandes problemáticas sociais que asola a nosa sociedade.
Este 25 de novembro de 2020, coordinados polo Equipo de Biblioteca, as alumnas e alumnos do noso centro colaboraron na creación dun mural reivindicativo baixo o lema 'Deixádenos voar'. Nas diferentes bolboretas que tiraban desas catro mulleres que aparecían na imaxe pódense ler mensaxes como: 'Non lles metas pedras no bolsillo', 'Podes cumprir os teus soños', 'Podemos compartir', 'Eu elixo o que quero ser', 'Si lo puedes soñar lo puedes conseguir', ... |
Na galería fotográfica deixamos unha escolma deste extraordinario traballo, que desexamos, permaneza na nosa memoria alén do 25 de novembro.