Skip to Content

    

   

CONVOCATORIA DE SOLICITUDES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Convocatoria de solicitudes de axuda para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022

Dende o 21 de maio e ata o 22 de xuño podedes solicitar as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado que no curso que vén faga 1º ou 2º curso de Educación Primaria e para o reparto de libros do fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar para o alumnado que faga  3º, 4º, 5º ou 6º curso de Educación Primaria.

Tedes toda a información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

O alumnado de 5º curso de Educación Primaria participará no Proxecto EDIXGAL e polo tanto non terá axuda para libros xa que utilizarán libro dixital, pero si poden optar á axuda de material escolar.

Podedes cubrir os Anexos I e II, que figuran debaixo desta publicación, imprimilos e entregalos no centro. Tamén podedes facer o trámite de maneira telemática seguindo as instrucións do enlace anterior.

     O horario para a entrega das solicitudes será de 9:30 h a 10:30 h de luns a venres.

AdxuntoTamaño
Anexos I e II.pdf1.79 MB
DOG. Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.pdf1.2 MB


page | by Dr. Radut