Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Admisión de alumnado 2022/2023

Admisión 2022.23

Como en cursos anteriores, publicouse o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2022/2023

Enlace á publicación da Consellería de Educación aqui.

Acceso á aplicación Admisión alumnado, aqui.
A continuación resumimos brevemente os procesos e prazos diferenciados:
- Reserva de praza en centros adscritos (para os de 6ºEP ao IES Agra do Orzán): do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. O vindeiro mércores, 19 de xaneiro, o alumnado de 6º recibirá a visita de profesorado do instituto para dar a coñecer á súa oferta formativa.  Os alumnos e alumnas levarán ese día para casa o anexo I que deberán devolver ás titoras debidamente cumplimentado antes do día 26 de xaneiro para poder solventar en prazo posibles erros.
- Sorteo público na Consellería para determinar letra de desempate.  Na derradeira semana de febreiro.
- Publicación das vacantes ofertadas. (antes do 1 de marzo)
- Presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 22-23. (do 1 ao 20 de marzo)
- Publicación de listaxes provisionáis de admitidos. (antes do 25 de abril)
- Publicación de listaxes definitivas de admitidos. (antes do 15 de maio)

**No mes de febreiro publicarase toda a información e documentación necesaria para o proceso de solicitude de praza. Tamén publicaremos a posible data do día de portas abertas, que será presencial ou virtual, dependendo da situación da pandemia nese momento.

**LEMBRASE A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL A 5º DE PRIMARIA, QUE NON TEÑEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE PARA CONTINUAR NO COLEXIO O VINDEIRO CURSO, A RENOVACIÓN É AUTOMÁTICA.

INFORMACIÓN IMPORTANTE DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022/23

Do 1 ao 21 de marzo (ambos os dous) estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 2022-2023. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario da mesma situado na porta principal.
Documentación necesaria para a realización deste trámite:

De luns a venres de 9:00 h a 13:30 h. Luns pola tarde de 16:00 a 18 h.

 COÑECE O NOSO CENTRO (Visita virtual)

 Algo mais do centro:



page | by Dr. Radut