Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Admisión 2021/22 (Listaxes definitivas)

Finalizado o prazo de presentación de reclamacións e non tendo que realizar ningunha modificación, informamos de que as listaxes provisionais pasan a ser as definitivas e procedese no día de hoxe á publicación das mesmas no taboleiro do colexio, situado na entrada principal, para a súa consulta.
A dita información tamén poden acceder telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 21 e o 30 de xuño. O horario da mesma é de luns a venres de 9 a 13:30 h. e os luns pola tarde de 16 a 18 h. (a partir do día 22 de xuño non estará aberta a secretaría polas tardes).

Documentación a presentar:

  • Impreso de matrícula debidamente cumplimentado (pódese recoller tamén en conserxería)
  • Enquisa de uso da língua galega tamén cuberto. (pódese recoller tamén en conserxería)
  • Catro fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

 A comisión de escolarización asignará praza nalgún dos centros solicitados, se teñen vacantes. No caso contrario asignará un colexio que teña vacantes e que esté o máis cerca posible ao domicilio ou centro de traballo alegado. Deberían recibir o aviso da Comisión de Escolarización de A Coruña ou do colexio finalmente asignado, antes do 20 de xuño.

 

 



page | by Dr. Radut