Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Aviso importante durante o período de confinamento polo COVID-19

 

Imaxe COVID19

Estimadas familias:

Desde o día 16 de marzo do ano en curso e ata que dure este período de confinamento nas casas o centro permanecerá pechado para a atención ao público. O prazo de admisión de alumnado queda posposto ata unha semana despois da incorporación das alumnas e alumnos ao centro.

As profesoras titoras enviarán diariamente as propostas de traballo para os alumnos pola aplicación Telegram e/ou por outras plataformas que se irán indicando.
No caso de non recibir notificacións das tarefas ou non dispoñer de conexión de internet adecuada, póñanse en contacto co centro por teléfono -981262612-, en caso de non contestarlles, deixen a súa cuestión no contestador, ou por correo electrónico (ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal).

As familias dos alumnos beneficiarios de bolsa de comedor deben solicitalo ao seu centro cívico de referencia por correo electrónico e poderán recoller o seu menú de luns a venres de 13 a 14 h nos centros que lles indiquen.

Correos dos centros cívicos:

Elviña: easelvina@coruna.es

Novo Mesoiro: easmesoiro@coruna.es

Os Mallos: easmallos@coruna.es

San Diego: eassandiego@coruna.es

Labañou: easlabañou@coruna.es

Moito ánimo a todas as familias, nestes momentos tan complicados.

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut