Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

ADMISIÓN ALUMNADO 2017/18

 

 

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 23 de marzo ao 5 de abril.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do/a alumno/a, do/a proxenitor/a, do/a titor/a ou dos/as irmáns/ás cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (art. 17.1).

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

Os cursos no que é preciso baremar son todos agás 5º de EI (4 ANOS), 4º de EP 6º de EP.

SOLICITUDES PRESENTADAS.

Cursos de Educación Infantil

Cursos de Educación Primaria

 

Cuarto (3 anos) ................. 78

Quinto (4 anos) .................. 3

Sexto (5 anos) ................... 1

Primeiro ............................................... 1

Segundo ............................................... 1

Terceiro ............................................... 2

Cuarto ............................................... 1

Quinto .................................................. 3

Sexto .................................................... 0


 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES

 

Cursos de Educación Infantil

(1)

Cursos de Educación Primaria

(1)

 

Cuarto (3 anos) ................. 66

Quinto (4 anos) .................. 9

Sexto (5 anos) ................... 0

 

 

9

 

 

Primeiro ............................................... 0

Segundo ............................................... 0

Terceiro ............................................... 0

Cuarto ............................................... 3

Quinto .................................................. 2

Sexto .................................................... 0

 

(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

  

Día 6 dede marzo (luns), ás17 horas. Prema aquí.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Este ano, por primeira vez, se vostedes dispoñen de certificado dixital ou DNI electrónico xa o poden presentar por este medio. Se non é así, poden imprimilo e presentalo na secretaría do centro (Horario de mañá: De luns a venres de 9:00 a 13:30 h. Horario de tarde: Luns de 16:00 a 18:00 horas).

Débese achegar coa solicitude: copia do DNI, copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a. No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia. En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.

 

Prazo do 2 ao 20 de marzo.

 

LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE

            As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “I” e “I”, así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “Ñ” e “X”.

 

NOTA INFORMATIVA

 

1º. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut