Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA

 

            De acordo coa Convocatoria do día tres do mes en curso, o próximo día28, luns, en horario de 16'00 a 18’00 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar.

 

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que  figure  no  Censo  que  ao  efecto  aprobou  a  Xunta  Electoral e tras a súa  exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

2º.- Modo de emitir o voto.

 

            a) O voto será directo, secreto e non delegable.

b) Os modelos  de  papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e  cada  elector  deberá  marcar  cunha  cruz  un  máximo  de dous nomes  das  candidatas  ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

A  dirección  deste  Colexio  anima  a  todos  os  pais,  nais  e  titores  legais  do  alumnado  a  que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.



page | by Dr. Radut