Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS.

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR, segundo convocatoria do tres do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos candidatas presentados á referida elección:

1.- Dª CRISTINA OTERO LAGO.

2.- Dª OLGA VEIGA VÁZQUEZ.

Segundo o establecido no art. 4º do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.

A campaña electoral comprenderá desde o 21 ao 25 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

A Coruña, 21 de novembro de 2016.



page | by Dr. Radut