Secretaría

Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2015/16

A gratuidade solidaria para o próximo curso 2015/16 levarase a cabo mediante dous procedementos:

  • Axudas para a adquisición de libros de texto ( Procedemento ED330B)

          Para 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

          Prazo de presentación de solicitudes: do 2 de xuño ata o 2 de xullo.

  • Fondo solidario de libros de texto (Procedemento ED330D)

          3º e 5º de Educación Primaria.

          Prazo de presentación de solicitudes: do 2 ao 30 de xuño.

Devolución de libros adquiridos co vale: antes do 19 de xuño.

 

 Documentos relacionados:

Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para libros de texto

Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto.

Modelo de solicitude para axudas de libros de texto

Modelo de solicitude para o fondo solidario de libros de texto

Listaxe provisional de admitidos para o fondo solidario de libros de texto

Listaxe provisional de excluídos para o fondo solidario de libros de texto

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-16

Publicadas as Listaxes Definitivas de amisión de alumnado para o curso 2015-16.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

O alumnado admitido debe pasar polo centro para a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Admisión de alumnado para o curso 2015-16

A partires do vindeiro 2 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2015/16.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015-16
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 2 ao 23 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 25 de  marzo ao 7 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Até o 25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula en EI e EP  Do 20 ao 30 de xuño

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2014/2015

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2014-2015.

De momento só está disponible o listado para Educación Infantil e 2º, 4º e 6º de Primaria.

 CORREXIDOS ERROS NOS ISBN DOS LIBROS DE 2º. (LECTURAS E MATEMÁTICAS).

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3º 
 

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/15.

Para o alumnado de educación primaria e educación especial o prazo de solicitude é do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

Requisitos:

  1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria origatoria ou educación especial, un centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
  2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde da convocatoria.

Unha vez presentadas as solicitudes poderán pasar a recoller os vales pola Secretaría do Centro ata o 2 de xullo.

Para máis información picar aquí.

Descargas de documentos:

Orde da convocatoria.

Impreso solicitude (Anexo I)

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/15

 

Publicadas as Listaxes Definitivas de amisión de alumnado para o curso 2014-15.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

O alumnado admitido debe pasar polo centro para a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-15.

Están publicadas as Listaxes Provisionais de amisión de alumnado para o curso 2014-15.

Ábrese un prazo de reclamación de cinco días hábiles dende o venres 25 de abril (inclusive), de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

Admisión de alumnado para o curso 2014/15

 

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2014/15.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2014-15
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 24 de  marzo ao 3 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Até o 25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula en EI e EP  Do 20 ao 30 de xuño

 

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2013/2014

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2013-2014.

CORREXIDOS ERROS NOS LIBROS DE 1º. (RELIXIÓN E MATEMÁTICAS).

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.


Para o alumnado de educación primaria e educación especial o prazo de solicitude é do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Unha vez presentadas as solicitudes poderán pasar a recoller os vales pola Secretaría do Centro do 26 de xuño ao 3 de xullo.

Descarga de documentos:

Orde da convocatoria.

Impreso solicitude. (Anexo I)

Distribuir contido