Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
![]() CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Excursión dos alumnos e alumnas de 6º de PrimariaAs alumnas e alumnos de 6º de Primaria visitaron onte o Ecoparque de Marín. Foi un gran día de convivencia e diversión. Visita de Ledicia CostasO día 24 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas para falar dos seus libros e responder a todas as preguntas do alumnado de 3º e 4º de primaria sobre o libro de lectura "Vampira de biblioteca". Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023.O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2022. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2022/2023.Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2022/2023. Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro. Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES. Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
Os alumnos e alumnas que obtiveron praza no centro para o curso 2022/2023 deben pasar polo centro para formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño. Visita ao Museo para ver a exposición de LaxeiroAo longo desta semana o alumnado do noso centro acudiu ao Museo Ramón Mª Aller de Lalín para visitar a exposición adicada a Laxeiro e realizar as actividades propostas polo persoal do museo. Agradecemos ao perosoal a iniciativa e tamén a atención recibida.
Carriño de cultivoEnviáronnos como medida de acompañamento do Programa escolar do consumo de foitas este carriño de cultivo que seguro lle sacarán os nosos alumnos moito proveito. Lendo á sombra dúnha árboreCelebramos o Día da Árbore e o Día do Libro. Admisión de alumnado para o curso 2022/2023A partir do 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2022/2023. Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
ENTROIDO 2022Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis. Estade atentos aos seus mandados!
![]() |
|