Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
LISTAS PROVISIONAIS DE ADMISION DE ALUMNOSMartes 28 de abril saen publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos para 4º de E.I. 2009-10. Poden consultarse no tablón de anuncios do centro e na Secretaría. Ábrese un plazo de reclamación de 5 días a partir da data de publicación. Visita a Pepe Carreiro
Hoxe, Día do Libro, os nenos de 1º de Primaria foron ó Museo a ver a Pepe Carreiro, debuxante dos personaxes tan coñecidos por todos, "Os Bolechas". Pepe Carreiro ensinounos como fai os seus debuxos e quedamos abraiados. ¡Que ben o fai! Divertímonos moito!. Se queredes ver mais fotos, atópanse na Galería. APERTURA DO PLAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNOSO prazo para admisión de alumnos estará aberto dende o luns día 2 de marzo ata o martes 31 de marzo, ámbolos dous inclusive. Poden pasar recoller os impresos polo centro en horario de 9.00h. a 14.00h. CELEBRAMOS O ENTROIDO
O venres celebramos o entroido, desfilamos todos no patio e pasamolo moi ben. Tivemos bruxas, demos, superheroes, gheisas, paiasos,...e ata nos veu visitar o clero. Non vos perdades as fotos. BENVIDAEsta é a nova páxina do CEIP Manuel Rivero de Lalín. Aínda estamos en construcción. Irémola enchendo pouco a pouco de información, novas, imaxes,... que sexan do interese de todos. Agardamos as vosas visitas. Dende o CEIP Manuel Rivero saúdos a todos e BENVIDOS.
|
|