Reapertura e modificación dos prazos do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

 

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. (DOG 6 de maio)

Os novos prazos do proceso son os seguintes:

MODIFICACIÓN DO CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021
Presentación solicitude de admisión Do 11 ao 18 de maio
Presentación documentación xustificativa  Ata 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  9 de xuño
Publicación das listaxes definitivas  26 de xuño

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 1 ao 10 de xullo

O centro permanecerá aberto en horario habitual de 9:00h a 14:00h. a partir do día 11 de maio.