Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/25.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2024.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2024/2025

Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2024/2025. 

Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR. 

Ábrese un prazo de reclamación de 5 días (ata o 3 de maio)

Admisión de alumnado para o curso 2024-25

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2024/2025.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo  Do 21 de marzo ao 11 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Reclamación ás listaxes provisionais  Do 26 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Campeonato provincial de cros en Portas

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de Primaria participaron esta mañá nunha xornada de deporte escolar e convivencia con centros de toda a provincia en Portas.

     
     

Visita de Papá Noel

Esta mañá recibimos unha visita moi especial...

 

Programa XOGADE

O venres 17 participamos na proba de campo a través celebrada en Silleda acadando moi bos resultados. Moi ben rapaces!

Distribuir contido