Skip to Content

CP-INCLUE

COLABORAMOS CO COMERCIO LOCAL!

POR UN SOUTOMAIOR INCLUSIVO!

Pensamos que a inclusión ten que ir máis alá da escola, onde a procuramos cada día. Despois de traballar nas aulas co alumnado de 6º que poderiamos facer para que o noso concello fose máis inclusivo decidimos investigar na rede que campañas había noutros lugares de Galicia e España para acadar unha inclusión máis real e efectiva.

Acordamos facer unha campaña parecida á que fixo en Rota a asociación “Aula TGD”

Como dende a asociación transmiten a accesibilidade cognitiva debe prestar información para que poida ser entendida por calquer persoa.

Polo que escomenzamos esta campaña para ir eliminando barreiras, pedímoslle colaboración ao comercio local cunha resposta moi positiva e con moitas ganas de participar ao igual que dende o Concello de Soutomaior.

Escomenzaremos polos comercios para ir logo acercándonos aos edificios públicos como centro de saúde, biblioteca, concello, etc.

Entregamos os pictogramas correspondentes para que os coloquen en lugares visibles dende o exterios e que poidan cumprir así coa  súa función visual a todo o que a necesite. Para poder levala a cabo empregaremos os pictogramas de "ARASAAC"

 

 

QUE BONITO FOI VISITARVOS NAS VOSAS AULAS!

Como vedes realicei unha fermosa reportaxe fotográfica para que poidades ver o emocionante que foi a miña viaxe polas aulas do

Manuel Padín Truiteiro

Moitas grazas pola vosa acollida! Foi unha experiencia maravillosa que de seguro repetirei.

Gozade da presentación e desexo que vos gustara o marcapáxinas que vos agasallei e que fixen con tanto agarimo para todas e todos vós. Nunca deixedes de ler e de visitarme na biblioteca.

Mil bicos cheiños de cousas boas para todas e todos e para as Mestras e Mestres tamén que sempre están aí axudando.

 

E CHEGA O SAMAÍN!

E CHEGA O SAMAÍN!

Achégase a noite do 31 de outubro, e dentro da tradición máis enraizada da nosa terra atopamos:

“O SAMAÍN””

O Samaín foi o orixen de todo, significa “fin do verán”, pois os antigos celtas celebraban nese momento a transición ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, nestas datas cóntase que é maís fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín marcaba a chegada do Ano Novo que se dividía en dúas partes: unha oscura e outra clara.

Algunhas persoas cubríanse con peles de animais e máscaras, para despistar aos espíritus, e isto dá lugar ao costume que temos hoxe de disfrazarnos.

 

A tradición do lume conservouse nas aldeas galegas e non hai que esquecer que as poboacións celtas collían as caveiras dos mortos nas batallas e iluminábanas para colocalas nos muros dos castros, de aí o costume das cabazas.

 

ESCOMENZAMOS CURSO 2023-2024

Este sería o 3º curso no que participamos neste plan, valoramos moi positivamente a nosa participación no mesmo, durante os dous cursos anteriores.

Gustaríanos seguir participando, xa que, na nosa escola durante este curso chegou alumnado doutros países, con necesidades educativas, dificultades co idioma, con diferentes ritmos de aprendizaxe, con condicións socio-económicas moi diversas e con

situacións persoais, ás veces, excluíntes do mundo que lles toca vivir.

A inclusión educativa é unha das metas que se fixa a nosa escola e non imos deixar de traballala nunca.

Cada curso escolar temos que enfrontarnos a novos retos e a novas casuísticas que fan que debamos adaptar a nosa escola a elas e a eles.

Temos tamén alumnado con NEE que precisan un centro máis igualitario e inclusivo, polo que, temos a certeza que a través deste programa podemos facer unha escola máis inclusiva, facendo sempre fincapé no principio de igualdade de oportunidades para todas e todos.

Sendo a INCLUSIÓN o mascarón de proa de CEIP Manuel Padín Truiteiro.

 

BENVIDAS/OS AO CURSO 2023-2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2023-2024

O primeiro é darvos as grazas a todas as familias que escolledes a nosa escola para os vosos fillos e fillas.

Dende o Manuel Padín Truiteiro buscamos a FELICIDADE dos nosos nenos e nenas, que veñan felices para poder aprender, cando é así o resto sae só.

Tentamos ensinar dende o corazón e co corazón, ás veces podemos fallar iso está claro pois somos humanos.

Un curso máis darvos a benvida a toda a comunidade educativa.

 

Que escomence a aventura!

UNIDADE DIDÁCTICA: BAILAMOS?

No mes de outubro escomenzamos coa unidade de investigación “Bailamos” traballarémola durante todo o curso na materia de Lingua Galega e en Proxecto Competencial.

A NOITE DAS MUDANZAS

A través da lectura fomentaremos a existencia da diversidade e de que ser diferentes e diversos enriquece á sociedade, á escola, á familia, aos amigos e amigas, etc.

Veremos na pizarra dixital o seguinte conto:

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/05/noites-de-mudanzas_compressed-1.pdf

E porémolo tamén en linguaxe de signos para coñecer outra realidade diferente á nosa:

https://www.youtube.com/watch?v=7K4s9Ckh1nU&t=2s

 

 

Os máis peqerrechos faremos as actividades suxeridas, de xeito oral e na pizarra dixital:

 

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/05/ACTIVIDADES-A-NOITE-DAS-MUDANZAS.pdf

 

Os maiores elaboramos 4 preguntas en equipos de traballo cooperativo e logo faremos un roldo de preguntas entre os equipos.

 

POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA

Escomenzamos CP-INCLÚE o curso pasado no noso centro, aínda que nós sempre apostamos por unha escola inclusiva e igualitaria, decidimos anotarnos a este programa para poder mellorar .

A inclusión educativa é unha das nosas metas e non imos deixar de traballar por ela, nunca.

Teremos erros pero aquí estamos para escoitar e corrixilos, toda a comunidade educativa debe colaborar da man, axudándose, dialogando e chegando a acordos para conseguir o mellor para as nosas nenas e nenos.

 

Escomenzaremos traballando en todos os niveis con dúas cancións para os máis pequenos será : "A casiña"  podedes escoitala no seguinte enlace: 

 

E para as nenas e nenos de 5º e 6º “Terra”

 

https://www.youtube.com/watch?v=btPSdSMgPf4   

Distribuir contido


by Dr. Radut