Skip to Content

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

 

 A NOSA ESCOLA É O CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

PICA NA IMAXE DA ENTRADA E COÑÉCENOS.

 

 

ENTREVISTAMOS A ...

Bo día a todas e todos! Hoxe rematan as súas prácticas na nosa escola Talía e Alex, foi un pracer tervos con nós, desexamos que a experiencia fose moi positiva e que gozarades tanto como gozamos nós da nosa escola.

Desexarvos o mellor sempre.

Se picades na imaxe poderedes ver o programa de televisión coa entrevista completa. Desfrutade dela!

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS CURSO 2024/2025

 

 

 DENDE O 30 DE ABRIL E ATA O 13 DE SETEMBRO DE 2024, QUEDA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. 

Tamén se inclúe alumnado con TDAH cunha discapacidade recoñecida (igual ou superior ao 25%)

PODES CONSULTAR NOS SEGUINTES ENDEREZOS:

BECAS INFORMACIÓN XERAL: 

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html 

ACCESO Á PETICIÓN

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109 

ADMISIÓN ALUMNADO 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Benqueridas familias:

Todo o alumnado que reservou praza no noso centro para 4º de Educación Infantil,

 está admitido/a. Grazas por escollernos e confiar en nós!

Un cordial saúdo.

 

 

"XEADERÍA A CAMELIA" UNHA APOSTA POLA DIVERSIDADE E A INCLUSIÓN

Este ano a nosa proposta para o certame da camelia do Concello de Soutomaior e a presentación da nosa:

“Xeadería A Camelia” unha xeadería que aposta pola diversidade, pola igualdade e pola inclusión real de todas e todos, mascarón de proa da nosa escola.

GRAZAS! Con maiúsculas a todas as familias que nos axudastes aportando as vosas camelias todas diversas, todas diferentes, todas iguais.

ADMISIÓN ALUMNADO IES SOUTOMAIOR

Benqueridas familias:

Todo o alumnado que reservou praza no centro adscrito a nós.

IES de Soutomaior para 1º da ESO, está admitido no mesmo.

Un cordial saúdo.

COLABORAMOS CO COMERCIO LOCAL!

POR UN SOUTOMAIOR INCLUSIVO!

Pensamos que a inclusión ten que ir máis alá da escola, onde a procuramos cada día. Despois de traballar nas aulas co alumnado de 6º que poderiamos facer para que o noso concello fose máis inclusivo decidimos investigar na rede que campañas había noutros lugares de Galicia e España para acadar unha inclusión máis real e efectiva.

Acordamos facer unha campaña parecida á que fixo en Rota a asociación “Aula TGD”

Como dende a asociación transmiten a accesibilidade cognitiva debe prestar información para que poida ser entendida por calquer persoa.

Polo que escomenzamos esta campaña para ir eliminando barreiras, pedímoslle colaboración ao comercio local cunha resposta moi positiva e con moitas ganas de participar ao igual que dende o Concello de Soutomaior.

Escomenzaremos polos comercios para ir logo acercándonos aos edificios públicos como centro de saúde, biblioteca, concello, etc.

Entregamos os pictogramas correspondentes para que os coloquen en lugares visibles dende o exterios e que poidan cumprir así coa  súa función visual a todo o que a necesite. Para poder levala a cabo empregaremos os pictogramas de "ARASAAC"

 

 

CORA CONVIDA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS

Chegou a hora do conto!

As nenas e nenos de 6º escribiron un conto para todas e todos vós, un conto cheíño de piratas e corsarios, dependendo do lado da historia que o contemples.

Os pequenos e pequenas gozaron moito con el e aquí vos deixamos unha pequena mostra da sesión de contacontos.

 

 

Tamén vos deixamos o conto para que poidades lelo, escoitalo e imaxinar a nosa Ría cando Drake navegaba nela, deixade voar o voso maxín...

 E como non en pictos

O NADAL NO MANUEL PADÍN TRUITEIRO

E chegou o Nadal! Na nosa escola un ano máis quixemos celebralo como se merece. Traballamos arreo neste 1º trimestre e agora tocaba despedilo ao grande e

así o fixemos.

Picade na imaxe para poder ver unha pequena parte dos nosos traballos e da nosa festa.

 

BO NADAL E FELIZ 2024! Vémonos en xaneiro.

 

E CHEGA O SAMAÍN!

E CHEGA O SAMAÍN!

Achégase a noite do 31 de outubro, e dentro da tradición máis enraizada da nosa terra atopamos:

“O SAMAÍN””

O Samaín foi o orixen de todo, significa “fin do verán”, pois os antigos celtas celebraban nese momento a transición ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, nestas datas cóntase que é maís fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín marcaba a chegada do Ano Novo que se dividía en dúas partes: unha oscura e outra clara.

Algunhas persoas cubríanse con peles de animais e máscaras, para despistar aos espíritus, e isto dá lugar ao costume que temos hoxe de disfrazarnos.

 

A tradición do lume conservouse nas aldeas galegas e non hai que esquecer que as poboacións celtas collían as caveiras dos mortos nas batallas e iluminábanas para colocalas nos muros dos castros, de aí o costume das cabazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut