Skip to Content

Consello escolar

ATRIBUCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

 

A lexislación vixente asigna ao consello escolar unha serie de atribucións, entre as que destacamos as seguintes:

- Aprobar o proxecto educativo do centro e, se é o caso, introducir modificacións nel, sen prexuízo das competencias que corresponden ao claustro de profesores no tocante á planificación e organización docente.

- Decidir sobre a admisión do alumnado, con suxeición ao establecido pola normativa vixente.

- Aprobar e modificar as NOF.

- Aprobar o proxecto de orzamento do centro e a súa execución.

- Aprobar a programación xeral anual do centro, respectando os aspectos docentes que lle competen ao claustro.

- Constituir no seu seo unha comisión económica e unha comisión de convivencia, ou calquera outra de carácter estable ou temporal.

- Emitir informe sobre a memoria anual do centro.

 

 

O NOSO CONSELLO ESCOLAR

O consello escolar é un órgano colexiado de goberno do centro. A través del participan na xestión do centro os diferentes sectores da nosa comunidade educativa.

COMPOSICIÓN ACTUAL DO NOSO CONSELLO ESCOLAR

O noso consello escolar está integrado polos seguintes membros:

- Membros natos:

 Director do centro e presidente do consello: Francisco Javier Obelleiro Piñón  

 Xefa de estudos: dona Berta Campos Seoane

 Secretaria do centro e secretaria do consello, con voz pero sen voto: Mª Goretti Losada Somoza.

- Membros electos:

  Representantes do profesorado: Sonia Ferradás de Saa, Zaida Pérez Outeda, Inés Puga Viqueira, Mª del Mar Rodríguez Muras e Mª Luz Sánchez Fernández .

  Representantes dos pais e nais: Ana María Barreiro Romano, José Manuel Brocos Baluja, Sonia Lema Miñones e Ana Paula Rodiño Míguez.

  Representante do concello: Manuel Antonio Lourenzo Sobral.

  Representante do persoal de administración e servizos: Marcos Antonio Torres Estévez.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut