Skip to Content

Escolares

"XEADERÍA A CAMELIA" UNHA APOSTA POLA DIVERSIDADE E A INCLUSIÓN

Este ano a nosa proposta para o certame da camelia do Concello de Soutomaior e a presentación da nosa:

“Xeadería A Camelia” unha xeadería que aposta pola diversidade, pola igualdade e pola inclusión real de todas e todos, mascarón de proa da nosa escola.

GRAZAS! Con maiúsculas a todas as familias que nos axudastes aportando as vosas camelias todas diversas, todas diferentes, todas iguais.

XX CERTAME DA CAMELIA. CONCELLO DE SOUTOMAIOR.

Despois de dous anos sen poder celebralo, por fin, volveu ao castelo o "Certame da Camelia"; organizada polo Concello de Soutomaior.

Dende a nosa escola participamos en dúas modalidades: 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.

A imaxe que podedes ver foi merecente do 1º premio na súa categoría, parabéns para todas e todos que fixestedes posible esta creación. "UN MAR DE CAMELIAS"

Agora clicade na imaxe e gozade da presentación.

BO NADAL E FELICES FESTAS!

 

Chegou o Nadal, e dende o

 

CEIP Manuel Padín Truiteiro, desexámosvos

 

BO NADAL E FELICES FESTAS!

 

 

Se premes na imaxe podes ver as nosas felicitacións. 

ENTROIDO 2021

eSe

 VER O ENTROIDO NAS AULAS 

Este curso non poidemos celebrar o Entroido como a nós nos gustaría, pero, non importa, sempre buscamos o lado positivo das cousas.

Non puidemos facer "FESTA", mais si o celebramos nas nosas aulas, investigando, aprendendo, aportando, cooperando e como non disfrazándonos.Viva o ENTROIDO! 

Deixámosvos un video co noso traballo de investigación. Un ronsel de flores, orellas e filloas para todas e todos.

 

Preme na imaxe para ver o video e verás que bonito.

  

 

 

 

CELEBRAMOS O" DÍA DA PAZ"

 

 

LETRA DA CANCIÓN (letra e música: mestres Quico e Diego)

 

1º PREMIO NO CERTAMEN DA CAMELIA

INVESTIGAMOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Se clicades na imaxen entraredes na webquest que vos levará a investigar sobre esta gran muller. ANIMO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut