Skip to Content

2º RETO. QUE FOI O CASTELO?

Esta carta vai dirixida aos investigadores/as do CEIP Manuel Padín Truiteiro.

 

Benqueridos/as compañeiros/as:

Para resolver o 2º reto do proxecto teremos que:

 

1º Escoitar o programa de radio: "Que pasa en xaneiro?" Enviarémosvolo ao correo, tamén vai estar na páxina web do centro no apartado da Radio Escolar ou podedes escoitalo cliclando no texto "Que pasa en xaneiro?

Teredes que escoitalo con moita atención xa que nel contámosvos. Que foi o Castelo?

 

Cada aula recibirá unha “Folla de investigación” e escoitando o programa cada equipo de aula deberá tentar completala .

 

Imos pórnos mans á obra para dar coa solución do 2º RETO do noso proxecto de centro.

 

Tentaremos resolvelo do seguinte xeito:

·     

Traballamos en EQUIPOcomo fan os bos investigadores e as boas investigadoras. Cada equipo terá que cubrir a “Folla da investigación”, podémolo facer coa dinámica “Lapis ao centro” ou “Folio xiratorio”Lembrádesvos delas?

 

Na biblioteca do centro estará todo o material que precisedes para resolver o reto e na páxina web do centro tamén teredes o programa de radio, ademais do especial que vos enviaremos a cada un de vós.

 

E para Infantil un conto que deberán completar.

 

Ánimo, e a investigar!

 

 

Un cordial saúdo dende o centro de operacións do CEIP Manuel Padín Truiteiro.



blog | by Dr. Radut