Skip to Content

5º CURSO RECIBIU A VISITA DE MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ

O Xoves 4 de Abril  recibimos a visita de Miguel Angel Alonso Diz para falarnos de "Música no Faiado". O escritor compartiu co alumnado de 5º curso os seus sentimentos ao escribir este delicioso libro no que se conxuga música e memoria da nosa historia a través de dous irmáns que se asoman ao seu pasado familiar.

Os nenos e nenas, que xa tiñan lido o libro, amosáronse moi interesados  e mesmo fixeron distintas exposicións sobre o momento histórico ao que se refire.

Dámoslle as grazas a Miguel Angel polo seu agarimo e por facer que a lectura sexa unha fonte de pracer e coñecemento. 



blog | by Dr. Radut