Skip to Content

5º CURSO RECIBIU A VISITA DE MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ

O Xoves 4 de Abril  recibimos a visita de Miguel Angel Alonso Diz para falarnos de "Música no Faiado". O escritor compartiu co alumnado de 5º curso os seus sentimentos ao escribir este delicioso libro no que se conxuga música e memoria da nosa historia a través de dous irmáns que se asoman ao seu pasado familiar.

Os nenos e nenas, que xa tiñan lido o libro, amosáronse moi interesados  e mesmo fixeron distintas exposicións sobre o momento histórico ao que se refire.

Dámoslle as grazas a Miguel Angel polo seu agarimo e por facer que a lectura sexa unha fonte de pracer e coñecemento. 

O ALUMNADO DO NOSO CENTRO NO FESTIVAL "SOUTOPEQUENO"

Todo o alumnado do noso centro asistiu hoxe a un pase especial do "SOUTOPEQUENO: I Festival de cine e música infantil" que organiza o concello de Soutomaior durante esta fin de semana. O espectáculo é una deliciosa proposta de fusión de cine e música onde os cativos poideron disfrutar dalgunhas das melodías clásicas e imprescindibles do cine. Tamén poideron visionar catro curtas de animación sleccionadas polo seu valor estético e formativo. 

MAIS INFO

1º PREMIO NO CERTAMEN DA CAMELIA

CONCIENCIÁMONOS CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

 O venres 15 o alumnado de 6º curso levou a cabo unha plantación de árbores no Monte de Salgueirón e na Xunqueira de Arcade. Como cada ano dende 2006, tomamos conciencia e poñemos o noso grao de area para que os montes estean cada día máis coidados. O noso agradecemento ao profesorado, a Luis, empregado do Concello, e xa parte do noso centro e á Asociación de Montes de Mancomún da Devesa, pois sin a súa colaboración non sería posible esta actividade educativa.

 GALERÍA DE IMAXES

VER VÍDEO DIDÁCTICO

ACERCANDO A CIENCIA Á NOSA ESCOLA

 

O alumnado de 2º curso asistiu a unha charla impartida por Ana Paula Rodiño Miguez doutora en Bioloxía do CSIC e investigadora na Misión Biolóxica de Galicia (MBG). A través da súa experiencia,os cativos poideron percibir o seu amor pola ciencia. Os nenos e nenas amosaron unha grande curiosidade facéndolle unha morea de preguntas que deixaban entrever o seu imterese pola investigación científica. 

CELEBRAMOS O ANTROIDO

NA PROCURA DO LARDEIRO

Nestas datas, con permiso dos nativos en Vilariño de  Couso (Ourense), reinventamos a figura do Lardeiro, boneco típico do antroido desa zona. O xogo consistiu na agachada por parte das nenas dos seus lardeiros para logo ser atopados polos nenos. Despois os nenos agacharon os seus e as nenas saíron na súa procura .Nalgúns lugares a cousa remata nunha loita amistosa entre os dous sexos esnaquizando os bonecos, pero  en vista das  maravillas feitas polos nenos-as, axudados pola súas familias, este ano foron indultados.

Despois,non sin antes degustar os productos típicos do antroido, houbo un maravilloso desfile de desfraces e... FESTA RACHADA!!!

VER GALERÍA DE IMAXES

VÍDEO

LEMBRANDO A ROSALÍA

 

MÚSICA: Marcial Del Adalid

Como cada ano o noso centro celebrou unha serie de actos para lembrar a importancia que ten para nos esta ilustre escritora, poeta e muller loitadora. A través da súa obra e dos seus poemas recitados, descubrimos o amor pola nosa terra que materializamos en fermosas flores convertidas en agasallos.

VER MÁIS EN BLOG VALMONTE

ALUMNADO DE 6º VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

Dentro do programa "Coñece as túas institucións" o alumnado de  6º curso visitou o Parlamento de Galicia co obxectivo de familiarizarse cas competencias, historia e funcionamento das institucións autonómicas.

VISITA DE 1º CURSO AOS BOMBEIROS E AO TEATRO

O alumnado de 1º curso realizou unha saída pedagóxica aos bombeiros de Pontevedra que con moito agarimo lles ensinaron aspectos moi interesantes da súa profesión.

De seguido, e non sin antes tomarse unha boa merenda, asistiron a un espectáculo musical a cargo da Mamá Cabra titulado "Eu cociño, ti cociñas" que ten  como obxectivo, amáis de entreter e divertir,  propiciar uns bos hábitos alimenticios nos cativos.

VIDEO

COMENZA O ANTROIDO NO PADÍN

Todos os anos o Antroido comenza no Padín co mandato da "Fada de Negueirós" que durante esta semana todos os días ordeará como viremos disfrazados. DEBEDES ESTAR ATENTOS AO TABOLEIRO!!!

ORDES DA FADA 

Distribuir contido


by Dr. Radut