Skip to Content

EMPEZAN AS "XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR INTERCENTROS"

O Colexio forma parte de novo do Plan Proxecta dentro das modalidades de Proxecto Deportivo de Centro para  artellar accións relacionadas coa vida activa e saudable. O alumnado  de 5º e 6º curso participará nas xornadas de Deporte Escolar Intercentros, recibindo a nenos e nenas  de colexios da contorna e desprazándonos a eses centros . Poderán  disfrutar de xornadas de convivencia  ,facer novas amizades  e practicar os seus deportes preferidos. 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

Como todos os anos, o noso centro ven a participar na campaña de recollida de alimentos  e productos de hixiene . Este ano o recadado será xestionado  e repartido por Cáritas de Arcade entre as familias sin recursos . A  solidariedade e a empatía con aqueles que menos teñen  é un valor que debemos  fomentar, tanto na escola como nas familias.

 A recollida terá lugar ata o día 13 de decembro no noso centro

A NOSA PARTICIPACIÓN NA "X SEMANA DE CIENCIA"

 

 

Os nenos e nenas de 5º e 6º curso  participaron no concurso de debuxo “A química na vida cotiá” que formou parte das actividades  da “X Semana da Ciencia”  que promove a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Os traballos presentados foron moi valorados e mesmo un deles acadou un 2º premio. PARABÉNS  a todos e a todas.

O ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO ASISTE AO TEATRO

O alumnado de 1º e 2º curso asistiu ao espectáculo músico/teatral “A nena e o grilo máis aló” creación de Magín Blanco e o Teatro Ghazafelhos É unha divertida aventura na procura de cousas insólitas que fixo que os nenos e nenas pasaran unha divertida velada.

VISITAS AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

 Empezamos as visitas didácticas ao Castelo de Soutomaior. Durante este curso todo o alumnado visitará este espazo museístico que amosa, de maneira entretida e didáctica, información da súa historia e dos personaxes ilustres que o habitaron.

O "PADÍN TRUITEIRO" CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O NOSO MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

  

AMPLIAR

CELEBRAMOS O MAGOSTO

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITA

 

    Durante este mes e o mes de Marzo o noso centro participará no "Programa Escolar de consumo de froitas" que ten como obxectivo fomentar o consumo de forma saudable e o coñecemento destes productos entre a poboación infantil.

   Repartiranse pezas de froita para animar ao alumnado a que nunca falte nas súas merendas

SESIÓNS DE LABORATORIO DENTRO DO "PLAN REVITALIZA"

O alumnado de 5º e 6º curso continuará durante este mes asistindo ao taller de compostaxe , "Revitaliza", iniciado o curso pasado a cargo do profesor Antón Lois, pertencente ao Departamento de Educación da Deputación de Pontevedra.O programa ten como obxectivo a concienciación na necesidade de coidar do noso medio ambiente e a posta en marcha dun composteiro para o noso cole. Durante este mes asistirán a dúas sesións de laboratorio para identificar os invertebrados presentes no composteiro e coñecer a súa función no proceso.

CHARLAS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

A iniciativa da Concellería de Igualdade de Soutomaior terá lugar no noso centro o programa “Ímolo Ghozar” que promove unha correcta educación afectiva e sexual. Durante este mes o alumnado de 4º, 5º e 6º curso asistirá a talleres que terán como obxectivo inculcar valores de respecto, igualdade e diversidade dentro das súas relacións afectivas e sexuais. Farán actividades nas que practicarán con roles de xénero, detección de condutas de abuso e agresión sexual, entre outros.

Distribuir contido


by Dr. Radut