Skip to Content

NADAL 2020

O NOSO CENTRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

MÚSICA: "TRONZAR OS VALOS" DE SES

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ..., en centros docentes dependentes desta consellería ... no curso 2020/21. Diario ofecial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

  1. ALUMNADO DESTINATARIO: 
  • NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:                                                                                                                                

            - O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/21.

  • TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: 

            - O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no presente curso e que cumpra as seguintes condiciöns:

                  º Pertenza a unha familia cunha renda igual ou inferior a 6000 euros.

  • PRESENTACIÓN E PRAZO DA SOLICITUDE:

  1. De xeito presencial no centro educativo.

  2. Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

Podedes acceder ao DOG, onde se regulan os procedemsntos para a distribución das máscaras, pinchando na fotografía.                                            

 

Fonte da imaxe: https://image.freepik.com/vector-gratis/ninos-dibujos-animados-usan-mascara-protectora-virus-ilustracion_162786-54.jpg

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

VENRES 13, COMO NON? CELEBRAMOS O MAGOSTO, UNHA FESTA DIFERENTE, PERO AO FIN UNHA FESTA. TOD@S GOZAMOS DA MAÑÁ COS XOGOS PREPARADOS POL@S MESTR@S DE EDUCACIÓN FÍSICA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 

AO REMATE DOS XOGOS TIÑAMOS UNHAS RICAS CASTAÑAS ASADAS, MOI BEN ASADIÑAS POLA NOSA COMPAÑEIRA NATI E  POR LUÍS. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS DOUS!

MOITAS GRAZAS POLAS CASTAÑAS A ANPA DA NOSA ESCOLA, XA QUE  ESTAS  FORON UN AGASALLO POR PARTE DELES/AS PARA TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA. 

MANTENDO SEMPRE O PROTOCOLO DA COVID: MÁSCARAS POSTAS, DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE GRUPOS DE CONVIVENCIA ESTABLE, CADA GRUPO CLASE NO SEU ESPAZO E DESINFECCIÓN DE MANS E XOGOS.

ESTE ANO TOCOU FACELO SEPARADOS FISICAMENTE PERO XUNT@S DE PENSAMENTO E DE CORAZÓN.

A FESTA FOI UN ÉXITO GRAZAS A TOD@S @S MESTR@S E A TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA!

 

          

  MÚSICA:

Tres castañas polo chan cantada por Susa Herrera. Magosto 2012, A. Fernández. Canción do Magosto do libro 13 Lúas. Gústanme as castañas, canción galega.

COMEZAMOS A AVENTURA: "VIAXAMOS Á IDADE MEDIA"

Que aconteceu! Infórmannos dende a nosa biblioteca que apareceu un libro. Un libro moi antigo, coma este que estades a ver aquí.

A curiosidade inúndanos e ... non dubidamos máis:

“Abrimos o libro, lemos con atención

e entramos nun mundo de maxia e ilusión.”

Que escomence a aventura, alá imos...

 

Que maravilloso resultado! Unhas investigación fantásticas! J Imos velas!

 

PARABÉNS POLOS VOSOS TRABALLOS! Descuberto o enigma imos agardar pola 2ª aventura moi impacientes, non tardedes! :-) 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

PARA VER AS ACTIVIDADES PREME NOS SEGUINTES ENLACES

PARA FACER CONTOS DE MEDO

DECORAMOS AS CABAZAS

DISFRAZÁMONOS

CONTAMOS UN CONTO DE MEDO

 

PERMANECEREMOS PECHADOS DENDE O 20 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO

O CEIP Manuel Padín Truiteiro, segundo o aprobado na PXA, permanecerá pechado dende o 20 de xullo ao 31 de agosto.

Os cheques de axuda de materual de 1º a 6º curso de Educación Primaria e de fondo libro para 1º e 2º curso entregaranse a partir do 1 de setembro.

Moitas grazas e feliz verán para todos e todas.

DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Este ano despedímonos dunha maneira diferente, pero co mesmo cariño de sempre.

Desexamos o mellor na nova etapa que o noso alumnado de 6º de Primaria vai comezar no Instituto.

Sempre estaresdes nos nosos corazóns!!!

SECCIÓNS BILINGÜES.

CREACIÓNS NO CONFINAMENTO

SENTÍMONOS AGRADECIDOS , Velaiquí unha fermosa  homenaxe do alumnado de 2ºB ao persoal sanitario. 

 

“Cociñando en corentena” é unha deliciosa proposta do profesorado de 6º curso para estes días de confinamento. O alumnado ten que chegar a un acordo ca súa familia para desenvolver unha receita que deberá escribir e despois elaborala. Podedes visualizar os vídeos que nos ides mandando e que acreditan o ben que se vos dá. Animádevos e mandade os vosos vídeos cociñando en familia

 MÚSICA: Minueto Septimino de Beethoven

 O alumnado de 5º curso recolleu o reto dado polas profesoras Nía, Esther e Ainoa, da sección bilingüe. para recrear obras de arte con cousas que atoparan nas súas casas. Esta actividade ademáis de divertir permítenos aprender moitos aspectos dos grandes pintores. No vídeo podedes ver o resultado desta divertida proposta. 

Distribuir contido


by Dr. Radut