Skip to Content

INVESTIGAMOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Se clicades na imaxen entraredes na webquest que vos levará a investigar sobre esta gran muller. ANIMO!!!

EXPERIMENTAMOS DENTRO DA SEMANA DA CIENCIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Actividade na que participou o noso alumnado dentro da 1º semana da ciencia organizada polo Concello de Soutomaior, co obxectivo de despertar o interese e a curiosidade dos nenos e nenas a través de experimentos con elementos que se poden atopar na vida diaria. O taller estivo impartido polo equipo de Ciencia en Movemento formado por científicos interesados en promover o interese pola ciencia entre os máis cativos.

  VÍDEO 

DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA E HOSTALERÍA. POR UNHA DIETA SAUDABLE

LER A NOTICIA

VER GALERIA DE IMAXES

  CONCERTO DIDÁCTICO "CAPITÁN GARFO"

Resultado de imaxes para o capitan garfo

BLOG VALMONTE

BON NADAL

"O MONTE VIVO"

"O Monte Vivo" é un programa de divulgación educativa para a valorización do noso monte e a prevención e defensa dos incencios forestais. Nel participou o alumnado de 5º e 6º curso que a través de dous grandes profesionais e apaixoados da natureza, poido tomar concencia deste grave problema que acontece todos os anos.

O noso agradecemento a Norberto e a Ricardo por transmitirlle aos cativos esa paixón e por impulsar unha participación activa e responsable na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e dar a coñecer a importancia da función productiva, ambiental e social do monte, fomentando así o respecto pola natureza.  

MÁIS NO BLOG VALMONTE 

GALERÍA

1º e 2º CURSO NO TEATRO

ALUMNADO DE 1º E 2º NO TEATRO EN PONTEVEDRA

O alumnado de 1º e 2º curso asistiu o martes 11 de decembro ao auditorio da obra social Abanca de Pontevedra para ver "A galiña azul" baseada no libro de Carlos Casares e interpretada pola compañía de teatro Tanxarina.

Esta obra levou o premio María Casares ao mellor espectáculo infantil 2018 e  o premio Feten ao mellor espectáculo de monicreques 2018.

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

 Inauguramos as nosas bibliotecas

 O xoves, 29 e o venres, 30 de novembro celebramos a inauguración das nosas novas bibliotecas (infantil e primaria). Para iso contamos coa presenza de Anxo Moure quen, coma sempre, fixo as delicias de todo o alumnado, dende os máis cativos ata os maiores, incluíndo o profesorado. Aínda que el nos agradeceu o convite e manifestou sentirse moi honrado porque pensaramos nel precisamente para inaugurar as bibliotecas, debemos dicir que o pracer foi todo noso. As súas dotes narrativas, a súa paixón pola lingua e a natureza e o seu engado e xeito tan persoais fixeron que os diversos grupos que foron pasando pola biblioteca gozaran enormemente escoitando as súas historias, rindo, cantando e bailando xuntos.

Dende o Equipo da Biblioteca queremos agradecer todo o esforzo que fixo a dirección do centro para que este proxecto fose posible. Así mesmo, tamén queremos recoñecer o apoio inestimable do concello e dos seus operarios, algún dos cales invertiu moito tempo, mesmo fóra do seu horario laboral, para realizar algúns proxectos, crear mobiliario a medida e axudarnos a rematar todas as obras que se levaron a cabo. E como non, tamén tivemos a inmensa sorte de contar coa nosa Nati que, máis ca unha conserxe, é unha compañeira, traballadora incansable, creativa e sempre disposta a colaborar; ela tamén empregou moito do seu tempo libre traballando para que as nenas e nenos do PadínTruiteiro poidan ter hoxe unha das mellores bibliotecas escolares da contorna.

Moitas grazas a todas e todos!

 

MARTES 27 DE nOVEMBRO

HORARIO: 11:00-12-       1º e 2º

                 12:30-13:30 - 3º e 4º

 

DIA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Chapa conmemorativa feita polo alumnado

DIA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Distribuir contido


by Dr. Radut