Skip to Content

REGUEIFANDO CON LUIS "O CARUNCHO" E PINTO DE HERBÓN

O mércores 5 tivo lugar no noso centro un obradoiro de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, extraordinario dúo de regueifeiros que nos transmitiron a súa paixón e bo facer na creación destes desafíos improvisados de caracter oral en verso, que teñen certa similitude co rap actual. Como podedes ver no vídeo, as súas improvisacións fixéronos rir un montón e o alumnado, ao rematar o obradoiro, poido interpretar as súas propias creacións. As regueifas amosan ser un interesante recurso para achegar a creación literaria, a poesía e a tradición oral aos cativos. Moitas grazas a Luís e a Pinto por facernos pasar uns intres tan divertidos.

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Felicitacións feitas por Ariana e Dafne,alumnas de 6º curso da nosa escola.

ALUMNADO DE 4º CURSO RECIBE A VISITA DO ESCRITOR HECTOR CAJARAVILLE

O dia 29 de Abril o alumnado de 4º curso recibiu a visita de Hector Cajaraville escritor gañador de varios premios literarios entre os que destacan o "Premio Xerais de novela"ou "Premio Merlín de Literatura Infantil". Veu falar do seu libro "quen da a quenda?"que tivemos o pracer de ler durante este trimestre.Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa labor literaria e sobre os personaxes que aparecen no seu libro.Damoslle as grazas a Héctor por transmitirlle aos cativos a súa paixón pola escritura.

XORNADAS "DEPORTE ESCOLAR INTERCENTROS"

"OS PALLEIROS" VISITA O NOSO CENTRO

Recibimos no noso centro a representantes da protectora de animais "Os Palleiros" que ten como obxectivo coidar e socializar cans maltratados.Explicáronnos os dereitos  que teñen os animais a ser coidados e repectados e a importancia da adopción destas maravillosas mascotas que foron abandonadas.

INTERACTING THEATRE


 

A NOSA ESCOLA APÚNTASE Á COMPOSTAXE

 O mércores 24 o alumnado de 5º e 6º curso asistiu a unha charla coloquio de iniciación á compostaxe a cargo do profesor Antón Lois, pertenecente ao Departamento de Educación "Revitaliza" da Deputación de Pontevedra.O programa continuará ca posta en marcha dun composteiro para o noso cole o día 3 de Maio. Os días 13 e 15 de Maio teremos unha sesión de laboratorio para identificar os invertebrados presentes no composteiro e coñecer a súa función no proceso.

 <div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5cdd723054bdc10f6b0bcac9" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5cdd723054bdc10f6b0bcac9" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

2º CURSO RECIBE A VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 O alumnado de 2º curso  tivo o pracer de  recibir a visita do escritor e poeta Antonio García Teijeiro gañador do "Premio Merlín de literatura infantil" en 1996 e do "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" no ano 2017.Os nenos e nenas tiñan lído o seu libro "Honorato o rato namorado", que trata dun rato maravilloso que pinta as palabras de cores, e amosaron o seu interés facendo preguntas sobre o mesmo. Dámoslle a grazas a Antonio por facernos pasar uns momentos inolvidables.

 

INFANTIL E 1º RECIBIU A IAGO LÓPEZ SANTOS

O venres 12 recibimos a visita do escritor  Iago López Santos co seu conto "O cociñeiro Martiño". Os nenos e nenas xa tiñan lído este divertido libro pero foi un verdadeiro pracer oílo contar da propia voz do escritor. Moitas grazas Iago por facernos pasar unha velada tan maravillosa.

Distribuir contido


by Dr. Radut