Skip to Content

CHARLAS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

A iniciativa da Concellería de Igualdade de Soutomaior terá lugar no noso centro o programa “Ímolo Ghozar” que promove unha correcta educación afectiva e sexual. Durante este mes o alumnado de 4º, 5º e 6º curso asistirá a talleres que terán como obxectivo inculcar valores de respecto, igualdade e diversidade dentro das súas relacións afectivas e sexuais. Farán actividades nas que practicarán con roles de xénero, detección de condutas de abuso e agresión sexual, entre outros.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

VISITA A NOSA BIBLIOTECA

WEBQUEST "VIAXE A IDADE MEDIA"

O "CEIP PADIN TRUITEIRO" INTEGRADO DENTRO DO PLAMBE

 

 Vista a memoria de actividades da biblioteca do noso centro durante o curso 2018/19 e as liñas de actuación presentadas para o curso 2019/20, a Consellería de Educación concedeunos o “Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos”. Para nós foi todo un reto poñer en funcionamento a biblioteca e esperamos que dia a día ,a través das actividades orgnizadas ,sexa un estímulo para a concienciación e sensibilización cultural e social do noso alumnado.

"VIAXE A IDADE MEDIA" O NOSO PROXECTO DE CENTRO

ENLACES ETAPA DE INFANTIL

 ENLACES ETAPA DE PRIMARIA

  

MARCHARÁN BUSCAR O SOL ALÉN DO NIÑO (Mero Iglesias)

Breves verbas cheas de cores e aloumiños para comenzar o curso. Os mestres e mestras dia a día, ano a ano, heroes da docencia ordinaria, querémosvos ofrecer o noso esforzo e ilusión para lograrmos, entre toda a comunidade educativa, unha escola aberta ao mundo dos afectos,sentimentos e emocións.

Que de luns a venres a nosa escola sexa unha fábrica de soños e ilusións dos nosos alumnos e alumnas, onde o líquido amniótico que rodee e protexa aos cativos sexa a igualdade, a empatía, o respecto,a soliedariedade e o altruismo.

Que ninguén nin nada impida que os nenos e nenas sexan felices a carón dos seus mestres e mestras.

BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!  

LATEXOS DE NEGUEIRÓS

.

Distribuir contido


by Dr. Radut