Skip to Content

blogue deadmin

LIBROS DE TEXTO 2023 - 2024

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023 – 2024

APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITAR O FONDO LIBRO CURSO 2023-2024

Benqueridas familias:

Informámosvos de que está ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso escolar 2023/2024.

O prazo vai dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2022

ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria. Pincha nas imaxes e poderás ler as instruccións e acceder aos formularios.

 

                                 

FORMACIÓN PARA O NOSO ALUMNADO

Tivemos dúas xornadas de formación para o noso alumnado na prai de Cesantes para coñecer “in situ” a Enseada e tamén na escola onde Sara e Silvia nos explicaron como é a Enseada no seu fondo, a flora e a fauna que a habita e como debemos coidala, porque precisa de coidados urxentes, o peor os plásticos. L

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO

As mestras e mestres tamén precisamos formación para poder mellorar, aprender novos recursos e facerlle ao noso alumnado unha aprendizaxe máis didáctica e motivadora.

Aprendemos con Arenaria.

MAQUETAS LISTAS

AS NOSAS MAQUETAS

Na casa e na escola fixemos unas maquetas incríbles da Enseada de San Simón, na realización das mesmas axudaron as familias, con elas puidemos realizar as nosas exposicións.

Desexamos que vos gusten e xa sabedes que podedes vir á escola a gozar delas, formarán parte da musealización do proxecto.

Preme na imaxe para ver a presentación das maquetas e o video explicativo.

                              

 

 

AS MULLERES DA ENSEADA DE SAN SIMÓN 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER queremos rendirlle unha homenaxe a todas as

mulleres que traballaron, que traballan e que nun futuro traballarán o mar, mulleres valentes e

loitadoras, mulleres que lle dan VIDA.

Grazas a todas!

 

Para ver a entrevista preme no seguinte enlace:

AS NOSAS MULLERES DO MAR DE ADENTRO. A ENSEADA DE SAN SIMÓN

https://youtu.be/y3M_LpMdPHE

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2023

Antifaces feitos polos nenos e nenas do Manuel Padín Truiteiro para o concurso feito pola ANPA; pola festa do Entroido 2023

 Pica na imaxe para ver o vídeo.

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NESTE 2023

ENTROIDO 2023 TODA UNHA FESTA

POR FIN! Chegou o ENTROIDO, a festa das festas e este ano imos celebralo dun xeito moi especial.

Volvemos desfilar polas rúas de Arcade!

Dentro do noso proxecto de centro, no que estamos a traballar a Enseada de San Simón como espazo natural único; imos adicarlle ao mundo do mar esta festa.

Representaremos cos nosos disfraces parte da fauna que nela vive para pór en valor a súa importancia e o imprescindible que é para a nosa zona.

Medio de vida para moitas persoas, non esquezades que a temos que coidar e respectar, pero sobre todo QUERELA!

DELETREANDO A PAZ

Chegou o “DÍA DA PAZ”

e este ano decidimos deletreala,

e a través do abecedario creamos un libro da PAZ,

cheo de palabras bonitas que nos axuden a ver que outro mundo é posíbel se cremos nel.

Pica na imaxe para poder velo, desexamos que che guste! 

Distribuir contido


by Dr. Radut