Skip to Content

blogue deadmin

XORNAL ESCOLAR 2022-23

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBRO CURSO 2023 - 2024

Benqueridas familias:

A partir do 30 de xuÑo podedes consultar as listaxes provisionais de persoas beneficiairas do fondo libro.

De acordo coa ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) polo que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e vales de material, dita listaxe publicaráse exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Asi mesmo as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica  ao seu expediente a través da aplicación FondoLibro empregando  a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Polo tanto, pola normativa de protección de datos, a parte da consulta por chave 365 ou certificado dixital, a secretaría do centro non pode facilitar a información doutro xeito que non sexa a consulta presencial no interior do edificio en horario de 09.30 a 13,00 de luns a venres.

 Contra o establecido na listaxe provisional as persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación das mesmas.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS: ONDE SOLICITAR A CHAVE 365

As familias que desexen solicitalo de forma presencial teñen que dirixirse a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave 365. Aqui podedes consultar esa relación. En Arcade pode solicitarse no centro de saúde de Arcade.

Debe acudir a persoa interesada e acreditar a súa identidade mostrando o seu NIF. Os cidadáns comunitarios que non teñan tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Poden consultar, se o desexan, toda a información relativa á Chave 365 nesta dirección: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

PRODUTO FINAL: MUSEALIZAMOS A NOSA ESCOLA

Chegou xuño e con el rematamos o noso Proxecto de Centro

“Augas de brillantes tesouros. A enseada de San Simón”

Realizamos un traballo fermoso que nos permitíu coñecer unha parte do noso entorno máis próximo,

aprendemos a valorala, a que temos que coidala porque nos dá vida, traballo, lecer, danos todo,

non podemos pedirlle máis.

E nós que lle damos?

Deixámosvos na primeira presentación as nosas exposicións orais froito das nosas investigacións,  estas fómolas

realizando ao longo do curso, para poder mostrarllas aos nosos compañeiros e compañeiras; e as familias.

E como non, agora a todo aquel que queira velas.

Grazas! 

 

 

PRESENTACIÓN MUSEALIZACIÓN DA NOSA ESCOLA

 

 

PRODUTO FINAL: MUSEALIZÁMOLA ESCOLA

POEMARIO SOBRE A ENSEADA DE SAN SIMÓN

Nas aulas de 5º e 6º escribimos poemas na materia de Lingua Galega, o tema traballado foi a Enseada de San Simón.

Sairon uns poemas moi fermosos e creativos, algún deles foron feitos polas familias do alumnado xa que lles pedimos a súa colaboración, outros foron feitos en equipo colaborativo e outros de xeito individual, desexamos que gocedes da súa lectura!

 

E tamén fixemos pareados.

 

PLAN PROXECTA: MONTE VIVO. DÁNDOLLE COR AOS NOSOS MONTES.

Un curso máis decidimos formar parte do Plan Proxecta en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Na nosa escola levamos dende o ano 2006 traballando en favor dun MONTE VIVO, tentamos pintar os montes de cores realizando plantacións de árbores autóctonas nos montes comunais en colaboración coas entidades e co concello. Colaborará con nós o EDL da nosa escola.

Pica na imaxe para coñecer o inicio do proxecto.

 

EXPOSICIÓN PANEIS INFORMATIVOS DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS

INVESTIGAMOS E EXPOÑEMOS

No 2º trimestre despois de adentrarnos no 1º na temática do PDI deste curso, escomenzamos o traballo de investigación sobre A Enseada de San Simón, coñecendo a súa orixe, situación, etc

Coas primairas investigacións realizamos un slide-share entre as dúas aulas de 5º e as de 6º pero queriamos facer máis visibles as nosas investigacións e non facelo só na rede, polo que consensuamos entre as diferentes aulas realizar unha serie de paneis informativos nos que plasmariamos o investigado, na seguinte presentación facémosvos un breve resumo do proxecto e o resultado final que puideron ver o resto do alumnado e toda a comunidade educativa xa que quedaron expostos no corredor da entrada da escola, para as visitas.

TRABALLOS NA REDE

Dende as materias de Lingua Galega e Castelá nas que traballamos o xénero literario da poesía, aproveitando a temática do noso PDI de Centro

"A Enseada de San Simón -Augas de brillantes tesouros"

Decidimos escribir poemas en familia, viaxeiros, individuais e en equipo para pendurar da rede que colgaba do noso corredor.

E na materia de Plástica fixemos debuxos da Enseada que tamén penduramos da rede, sendo este o resultado. Grazas!

AVES E PEIXES DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

AVES E PEIXES DA ENSEADA

DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

Cando estudamos en Ciencias Naturais os diferentes reinos, aproveitamos para completar a nosa formación no estudo da flora e da fauna da Enseada de San Simón.

Colaboraron con nós Quino Acuña e Fran (tío dunha alumna da nosa escola) donándonos fotografías de aves e peixes en plástico, grazas a estes recursos puidemos realizar unha exposición na entrada da nosa escola que estivo aberta para a súa visita na última semana do curso.

E realizamos actividades internivel na que os alumnos/as de 5º e 6º preparamos a exposición e os nosos compañeiros/as dos demais cursos visitáronna para saber máis. Podedes ver o resultado final na seguinte presentación picando na imaxe.

OS SECTORES ECONÓMICOS NA ENSEADA

OS SECTORES ECONÓMICOS

NA ENSEADA DE SAN SIMÓN

Na materia de Ciencias Sociais tocounos traballar os Sectores Económicos e aproveitando o noso PDI de Centro que nos brindaba estudalos a través del, realizamos diferentes unidades de investigación e coñecemento para cada ciclo e nivel para estudalos e saber máis.

Traballámolos dende Infantil ata 6º de Educación Primaria, como recursos empregamos todo o aprendido ata aquí, as visitas feitas á enseada, á confradía de pescadores, a entrevista realizada para TV Negueirós, os programas de radio, etc.

As unidades didácticas traballadas foron as seguintes, e a o seu remate realizamos unha exposición fotográfica de diferentes traballos da enseada, non puidemos visitar unha fábrica de conservas porque a día de hoxe seguen sen permitir visitas de escolares, unha mágoa!

Distribuir contido


by Dr. Radut