SENTÍMONOS AGRADECIDOS , Velaiquí unha fermosa homenaxe do alumnado de 2ºB ao persoal sanitario.
“Cociñando en corentena” é unha deliciosa proposta do profesorado de 6º curso para estes días de confinamento. O alumnado ten que chegar a un acordo ca súa familia para desenvolver unha receita que deberá escribir e despois elaborala. Podedes visualizar os vídeos que nos ides mandando e que acreditan o ben que se vos dá. Animádevos e mandade os vosos vídeos cociñando en familia
MÚSICA: Minueto Septimino de Beethoven
O alumnado de 5º curso recolleu o reto dado polas profesoras Nía, Esther e Ainoa, da sección bilingüe. para recrear obras de arte con cousas que atoparan nas súas casas. Esta actividade ademáis de divertir permítenos aprender moitos aspectos dos grandes pintores. No vídeo podedes ver o resultado desta divertida proposta.