Skip to Content

blogue deadmin

PDI "AUGAS DE BRILLANTES TESOUROS"

Rematamos proxecto! Este curso emprendemos a aventura co proxecto

“Augas de brillantes tesouros”

Realizamos moitas actividades para coñecer mellor o noso entorno máis próximo, compartillámolas con todas e todos vós a través da web, Instagram, e de actividades feitas na escola.

O noso concello ofrécenos un contorno próximo cheo de riquezas culturais, artísticas e naturais.

Decidimos adentrarnos na Enseada de San Simón poñendoa así en valor, como obxectivo principal fixamos o seguinte criterio de avaliación: Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do medio natural, a través de propostas e acción que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade.

Ademais, traballamos numerosos contidos do currículo, presentes de forma explícita en cada un dos ciclos. Quedaron fixados na Concreción Curricular do PDI.

Centrámonos tamén nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que estarían presentes en todo o proceso xa que debemos protexer e por en valor a vida dos mares e das nosas rías (Obxectivo 14) Ademais de coñecer a vida no medio acuático, fixemos un achegamento á xeografía, ás profesións, ao coidado e mantemento dos ecosistemas mariños, a flora e a fauna, as dinámicas e correntes mariñas, etc.

Durante todo o curso houbo proxectos, plans de traballo, tarefas, talleres, etc centradas na Enseada de San Simón e nas súas augas.

 

Traballamos con proxectos, unidades ou situación de aprendizaxe baseadas na investigación e no coñecemento.

No 3º trimestre preparamos a exposición final que está aberta para toda a comunidade educativa.

O que buscamos en todo momento foi que o alumnado aprendese a empregar estratexias de procura, tratamento, organización e presentación da información, fomentando o pensamento crítico.

Deixámosvos o enlace a todo o traballo feito neste curso, gozade del tanto como gozamos nós investigando, aprendendo e preparando todo.

Pica na imaxe e poderás ver todos os nosos traballos.

FELIZ VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2023

17 de maio “Día das Letras Galegas” un ano máis celebramos o día das nosas letras cun festival no que participa toda a escola, cantamos, recitamos e interpretamos.

Facémolo con moita ilusión e con moito agarimo para toda a comunidade educativa.

Gozade das actuacións.  Desexando que o pasedes tan ben véndoas como o pasamos nós ensaiando e interpretando.

Mil apertas de cores para todas e todos!

UNIDADE DIDÁCTICA: BAILAMOS?

No mes de outubro escomenzamos coa unidade de investigación “Bailamos” traballarémola durante todo o curso na materia de Lingua Galega e en Proxecto Competencial.

A NOITE DAS MUDANZAS

A través da lectura fomentaremos a existencia da diversidade e de que ser diferentes e diversos enriquece á sociedade, á escola, á familia, aos amigos e amigas, etc.

Veremos na pizarra dixital o seguinte conto:

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/05/noites-de-mudanzas_compressed-1.pdf

E porémolo tamén en linguaxe de signos para coñecer outra realidade diferente á nosa:

https://www.youtube.com/watch?v=7K4s9Ckh1nU&t=2s

 

 

Os máis peqerrechos faremos as actividades suxeridas, de xeito oral e na pizarra dixital:

 

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/05/ACTIVIDADES-A-NOITE-DAS-MUDANZAS.pdf

 

Os maiores elaboramos 4 preguntas en equipos de traballo cooperativo e logo faremos un roldo de preguntas entre os equipos.

 

POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA

Escomenzamos CP-INCLÚE o curso pasado no noso centro, aínda que nós sempre apostamos por unha escola inclusiva e igualitaria, decidimos anotarnos a este programa para poder mellorar .

A inclusión educativa é unha das nosas metas e non imos deixar de traballar por ela, nunca.

Teremos erros pero aquí estamos para escoitar e corrixilos, toda a comunidade educativa debe colaborar da man, axudándose, dialogando e chegando a acordos para conseguir o mellor para as nosas nenas e nenos.

 

Escomenzaremos traballando en todos os niveis con dúas cancións para os máis pequenos será : "A casiña"  podedes escoitala no seguinte enlace: 

 

E para as nenas e nenos de 5º e 6º “Terra”

 

https://www.youtube.com/watch?v=btPSdSMgPf4   

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBRO PARA O CURSO 2023-2024

Benqueridas familias:

Finalizado o prazo de reclamación, faise pública no día de hoxe, a listaxe definitiva de fondo libro e de axudas de material escolar.

Pode consultarse no taboleiro do centro, ata o 14 de xullo, ou a través da chave 365 ou certificado dixital, na web:

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

 

 Os cheques poderán recollerse a partir do 1 de setembro, na escola.

A partir do 15 de xullo centro permanecerá pechado ao público.

Un saúdo dende a nosa escola e feliz verán para todas e todos.

 

APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Benqueridas familias:

 Queda aberto o prazo dende mañá día 04 de xullo e ata o xoves 13 de xullo, para solicitar praza no comedor escolar da nosa escola. A  documentación entregarase na secretaría do Centro en horario de 9:30 a 13:30.

Se pinchades na imaxe de "Comedor escolar" atoparedes toda a información necesaria.

E nas imaxes dos formularios atoparedes os impresos que deberedes entregar para solicitar praza de comedor para o vindeiro curso.

            

                   INSTRUCCIÓN 3/2023                             ANEXO II              AUTORIZADOS        COMPROMISO      INFORMACIÓN

FELIZ VERÁN!

CONSTRUÍMOS UNHA ALDEA SUSTENTABLE E RESPECTUOSA COA PAISAXE

“UNHA ALDEA SUSTENTABLE”

Rematamos o noso produto final: a creación entre todas e todos dunha aldea sustentable.

Despois de traballar durante meses, por fin, puidemos comprobar o éxito do noso traballo.

A felicidade foi plena. Pica na imaxe para ver o proceso e o resultado.

Grazas!

A SUSTENTABILIDADE VISTA DENDE O NOSO ENTORNO

A SUSTENTABILIDADE DENDE A NOSA VISIÓN

Neste Genially podedes ver todos os traballos feitos, gozade del e xa nos contaredes,…

 

PLAN PROXECTA: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

VIVENDA E SUSTENTABILIDADE NO NOSO ENTORNO MÁIS PRÓXIMO

Os nosos ecosistemas están nun grave perigo porque o ser humano non respecta na maioría dos casos a súa diversidade a súa paisaxe, alterándoa con efectos irreversibles.

Os efectos tremendos van ser devastadores se non lle poñemos remedio…

Pero para poder axudar a salvalo é necesario que coñezamos os perigos que o acechan.

Este curso dentro do PLAN PROXECTA: VIVENDA E SUSTENTABILIDADE imos introducirnos no seu estudo.

Escomenzamos coa lectura do seguinte libro:

 

Ao remate desta tarefa escomenzaremos a traballar coas nosas unidades de Investigación e Coñecemento teremoslas colgadas na Aula Virtual na materia de Ciencias Naturais ou picando en:

                   VIVENDA E SUSTENTABILIDADE e A ENSEADA DE SAN SIMÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut