VENRES 13, COMO NON? CELEBRAMOS O MAGOSTO, UNHA FESTA DIFERENTE, PERO AO FIN UNHA FESTA. TOD@S GOZAMOS DA MAÑÁ COS XOGOS PREPARADOS POL@S MESTR@S DE EDUCACIÓN FÍSICA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
AO REMATE DOS XOGOS TIÑAMOS UNHAS RICAS CASTAÑAS ASADAS, MOI BEN ASADIÑAS POLA NOSA COMPAÑEIRA NATI E POR LUÍS. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS DOUS!
MOITAS GRAZAS POLAS CASTAÑAS A ANPA DA NOSA ESCOLA, XA QUE ESTAS FORON UN AGASALLO POR PARTE DELES/AS PARA TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA.
MANTENDO SEMPRE O PROTOCOLO DA COVID: MÁSCARAS POSTAS, DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE GRUPOS DE CONVIVENCIA ESTABLE, CADA GRUPO CLASE NO SEU ESPAZO E DESINFECCIÓN DE MANS E XOGOS.
ESTE ANO TOCOU FACELO SEPARADOS FISICAMENTE PERO XUNT@S DE PENSAMENTO E DE CORAZÓN.
A FESTA FOI UN ÉXITO GRAZAS A TOD@S @S MESTR@S E A TOD@S @S NEN@S DA ESCOLA!
MÚSICA:
Tres castañas polo chan cantada por Susa Herrera. Magosto 2012, A. Fernández. Canción do Magosto do libro 13 Lúas. Gústanme as castañas, canción galega.
O mércores 5 tivo lugar no noso centro un obradoiro de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, extraordinario dúo de regueifeiros que nos transmitiron a súa paixón e bo facer na creación destes desafíos improvisados de caracter oral en verso, que teñen certa similitude co rap actual. Como podedes ver no vídeo, as súas improvisacións fixéronos rir un montón e o alumnado, ao rematar o obradoiro, poido interpretar as súas propias creacións. As regueifas amosan ser un interesante recurso para achegar a creación literaria, a poesía e a tradición oral aos cativos. Moitas grazas a Luís e a Pinto por facernos pasar uns intres tan divertidos.