Skip to Content

25 DE NOVEMBRO 2022

25 DE NOVEMBRO DE 2022

A día de hoxe 38 mulleres foron asesinadas polas súas parellas, deixando pais e nais sen fillas e deixando a fillas e fillos sen nai.

Tristura, incertidume e medo invaden hoxe as nosas vidas e preguntamos: por que tanto odio e tanta violencia?

Non ten razón de ser, tanta odio, tanta maldade, tanta violencia, o mundo non se dá composto.

Dende sempre a violencia, a carraxe, o maltrato está presente na historia da humanidade, non aprendemos nada, non somos quen de mellorar.

Canta maldade pode encerrar un ser humano? Moita, cicais demasiada.

 

Dende a nosa escola dicímosvos:


Se non a queres vaite, deixaa pero non lle fagas dano, polo que fostes, polo que formastes, polo que vos quixestes,

NON LLE FAGAS DANO.

 

                                                              

 

NON DEIXEDES DE VER OS NOSOS TRABALLOS E DE ESCOITAR A NOSA RADIO, TODO FEITO DENDE O MÁIS PROFUNDO DOS RESPECTOS E DENDE O CORAZÓN.

PICADE NA IMAXE DE ABAIXO E PODEREDES VELOS.   

 

 

 

MAGOSTO 2022

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 

As nenas e nenos de 6º un ano máis podemos colaborar coa mestra Andrea e co mestre César na organización do Magosto. Grazas por facernos unha xornada tan chula!

 

Encántanos facer de mestras e Mestres!

 

Preparamos un circuito de “Xogos populares” que encantaron a maiores e pequenos, gozamos dunha xornada de xogos extraordinaria.

 

Foi un día fantástico para non esquencer, así que non deixedes de ver o video J

 

E darlle as grazas a Nati polas castañas tan ricas qe nos preparou, estaban asadas de 10. GRAZAS!

 

E agradecer a ANPA a súa colaboración, xa que nos agasallaron 40 Kg de castañas.

 

MÚSICA: Gústanme as castañas (canción galega) e Magosto 2012 (A. Fernádez)

1º PROGRAMA DE "RADIO NEGUEIRÓS, A RADIO QUE FALA COMA NÓS" CURSO 2022-2023

Escomenzamos curso e con el a nosa radio, para informarnos, culturizarnos, transmitir valores que nos fagan ser máis solidarios/as, empáticos/as, en definitiva, ser mellores persoas e como non:

PASALO MOI BEN!

Neste 1º programa temos: Radio Escola, Radio Proxecto,Orixes do Samaín, Radio Saber máis, Radio Toponimia, unha de contos...

Desexamos que gocedes connosco tanto como gozamos nós a preparala e emitila.

Mil grazas por escoitarnos. Desexarvos a todas e todos un feliz curso e un gran ano.

Ata o próximo programa.

Pica na imaxe e poderás escoitar o 1º programa do curso 2022-2023

BENVIDOS AO CURSO 2022 - 2023!

PRODUTO FINAL. CREACIÓN DUNHA ALDEA SOSTIBLE.

“UNHA ESCOLA E UNHA ALDEA SOSTIBLES”

Rematamos o noso proxecto de centro co noso produto final: a creación entre todas e todos dunha aldea sostible e dunha escola sostible.

Despois de traballar durante meses, por fin, puidemos comprobar o éxito do noso traballo.

A felicidade foi plena. Pica na imaxe para ver o proceso e o resultado.

Grazas!

 

 

RETO Nº 2. RADIO NA BIBLIO."AS ESCOLAS DE ANTES."

AS ESCOLAS DE ANTES EN

“RADIO NEGUEIRÓS”

Un novo programa de:

“RADIO NEGUEIRÓS, a radio que fala coma nós”

Chegou a nosa escola, un programa especial, un programa que nos conta como eran as escolas nos anos 50, 60 e 70.

Despois de entrevistar a mestras e mestres xubilados, a exalumnas e exalumnos deses tempos, recompilamos unhas testemuñas emotivas, cheas de sentimentos, de valores, de boas lembranzas e de non tan boas.

Cantas cousas podemos aprender dos nosos maiores, son auténticos libros de sabiduría, unha experiencia fermosa, emotiva, moi emotiva que nos chegou ao fondo do noso ser.

Algo que nunca esqueceremos.

Desexamos que gocedes do programa tanto ou máis do que gozamos nós ao facelo.

Grazas, grazas e grazas a todas as persoas que nos axudan cada día a manter a ilusión e que nos ensinan que a escola e moito máis que os libros.

Picade na imaxe e poderedes escoitar o programa.

 

 

 Fotografía tomada de : https://mupega.edu.xunta.gal/ 

O NOSO CLUB DE LECTURA.

 

 

CLUB DE LECTURA

 

 

Este curso escomenzou na nosa escola a súa andaina o “CLUB DE LECTURA” organizado dende a Biblioteca Escolar.

Foi una experiencia fantástica, encantoume compartillar coas miñas compañeiras e compañeiros a experiencia da lectura e a posta en común de cada capítulo, onde espuxemos os nosos puntos de vista e as nosas opinións.

Esta experiencia servíunos para aprender que pensamos diferente e que una mesma lectura pode abrirnos diferentes visións, cada quen viaxa no libro como máis lle gusta.

O 1º libro que lemos foi “Avións de papel” de Xabier Estévez.  Ilustrado por Marcos Viso.

Xabier Estévez víu ao cole a contarnos a súa experiencia como escritor, o que lle inspirou a escribir este libro tan emotivo, ademais de contarnos anécdotas moi fermosas das súas vivencias de neno.

                    

Ao finalizar a charla fixémoslle una entrevista para a nosa canle de TV, podedes vela na nosa web, non ten desperdicio, podedes vela no seguinte enlace. Picade na imaxe.

Xa no 2º trimestre lemos poesía, un libro de Fran Alonso “Cidades” ao seu remate fixemos os nosos propios poemas e caligramas, quedáronnos moi chulos.

 

            

Lemos tamén banda deseñada e para rematar o curso lemos un libro de misterio que nos encantou a todas e todos:

“SherlocK Holmes, un estudo en escarlata”

É un libro cheo de intriga pero á vez divertido, non queres parar de ler, a nosa opinión foi unánime en canto a este libro: encantounos!

 

Como recomendación todas e todos as nenas e nenos que participamos do club de lectura recomendámosvos que o vindeiro curso voa anotedes, merece a pena, é una experiencia xenial e moi enriquecedora, xa que podes aprender de todas e todos os que participamos e tamén poden aprender de ti mesmo.

A organización do club de lectura estivo moi ben, este curso só participamos os alumnos/as de 6º durante os recreos dos luns e dos xoves, grazas ao traballo voluntario das nosas mestras.

 

NON DEIXEDES DE APUNTARVOS PARA O VINDEIRO CURSO!

 

 

 

PLAN PROXECTA: "O MONTE VIVO, PINTAMOS DE CORES OS NOSOS MONTES"

Este curso decidimos formar parte do Plan Proxecta en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Na nosa escola levamos dende o ano 2006 traballando en favor dun MONTE VIVO, tentamos pintar os montes de cores realizando plantacións de árbores autóctonas nos montes comunais en colaboración coas entidades e co concello.

Este curso imos facelo a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Pica na imaxe para coñecer o inicio do proxecto.

 

 

BO NADAL E FELICES FESTAS!

 

Chegou o Nadal, e dende o

 

CEIP Manuel Padín Truiteiro, desexámosvos

 

BO NADAL E FELICES FESTAS!

 

 

Se premes na imaxe podes ver as nosas felicitacións. 

BENVIDAS/OS AO CURSO ESCOLAR 2021/2022.

Benvidas e benvidos a este novo curso escolar desexándovos o mellor sempre. Xuntas e xuntos imos acadar a meta. Moito ánimo e escomenzamos a andaina xuntas e xuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut