Skip to Content

Actividades normalización

DELETREANDO A PAZ

Chegou o “DÍA DA PAZ”

e este ano decidimos deletreala,

e a través do abecedario creamos un libro da PAZ,

cheo de palabras bonitas que nos axuden a ver que outro mundo é posíbel se cremos nel.

Pica na imaxe para poder velo, desexamos que che guste! 

BO NADAL e FELIZ ANO NOVO 2023!

 

 NA ESCOLA FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES PARA FESTEXAR ESTAS DATAS.

 

 

25 DE NOVEMBRO 2022

25 DE NOVEMBRO DE 2022

A día de hoxe 38 mulleres foron asesinadas polas súas parellas, deixando pais e nais sen fillas e deixando a fillas e fillos sen nai.

Tristura, incertidume e medo invaden hoxe as nosas vidas e preguntamos: por que tanto odio e tanta violencia?

Non ten razón de ser, tanta odio, tanta maldade, tanta violencia, o mundo non se dá composto.

Dende sempre a violencia, a carraxe, o maltrato está presente na historia da humanidade, non aprendemos nada, non somos quen de mellorar.

Canta maldade pode encerrar un ser humano? Moita, cicais demasiada.

 

Dende a nosa escola dicímosvos:


Se non a queres vaite, deixaa pero non lle fagas dano, polo que fostes, polo que formastes, polo que vos quixestes,

NON LLE FAGAS DANO.

 

                                                              

 

NON DEIXEDES DE VER OS NOSOS TRABALLOS E DE ESCOITAR A NOSA RADIO, TODO FEITO DENDE O MÁIS PROFUNDO DOS RESPECTOS E DENDE O CORAZÓN.

PICADE NA IMAXE DE ABAIXO E PODEREDES VELOS.   

 

 

 

MAGOSTO 2022

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 

As nenas e nenos de 6º un ano máis podemos colaborar coa mestra Andrea e co mestre César na organización do Magosto. Grazas por facernos unha xornada tan chula!

 

Encántanos facer de mestras e Mestres!

 

Preparamos un circuito de “Xogos populares” que encantaron a maiores e pequenos, gozamos dunha xornada de xogos extraordinaria.

 

Foi un día fantástico para non esquencer, así que non deixedes de ver o video J

 

E darlle as grazas a Nati polas castañas tan ricas qe nos preparou, estaban asadas de 10. GRAZAS!

 

E agradecer a ANPA a súa colaboración, xa que nos agasallaron 40 Kg de castañas.

 

MÚSICA: Gústanme as castañas (canción galega) e Magosto 2012 (A. Fernádez)

"CHEGARON AS LETRAS GALEGAS"

“CHEGARON AS LETRAS GALEGAS DO 2022”

Este ano adícaselle a

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

       E dende a nosa escola queremos facerlle tamén unha pequena homenaxe no que participamos todos os cursos.

Cada un de nós aportou un granciño de area para facer este festival on-line.

Desexamos que vos guste e que gocedes das actuacións feitas por todas e todos as nenas e nenos.

Foron feitas dende o cariño e a ilusión.

 

XX CERTAME DA CAMELIA. CONCELLO DE SOUTOMAIOR.

Despois de dous anos sen poder celebralo, por fin, volveu ao castelo o "Certame da Camelia"; organizada polo Concello de Soutomaior.

Dende a nosa escola participamos en dúas modalidades: 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.

A imaxe que podedes ver foi merecente do 1º premio na súa categoría, parabéns para todas e todos que fixestedes posible esta creación. "UN MAR DE CAMELIAS"

Agora clicade na imaxe e gozade da presentación.

ENTROIDO 2022

OUTRO ANO MÁIS CELEBRAMOS O ENTROIDO NA NOSA ESCOLA CON DIFERENTES ACTIVIDADES QUE PODEDES VER A CONTINUACIÓN.

 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Todos os 30 de xaneiro celebramos dende a nosa escola o

“Día da PAZ e NON VIOLENCIA”

Este 30 de xaneiro toda a escola buscou "Curas para a PAZ" dende 4º de Infantil ata 6º de E. Primaria, estivemos buscando remedios que curen todo o dano que se está causando.

E que estas curas fagan de todas e todos nós MELLORES PERSOAS. Nas escolas ademais de ensinar debemos tentar facer persoas críticas, sensatas e sobre todo BOAS.

Xa que son tempos convulsos os que percorren o mundo hoxe en día, vivimos nun esceario de confrontacións bélicas entre nacións, o terrorismo asolando rexións do mundo, actitudes supremacistas, totalitarismos, autoritarismos, control opresivo da sociedade, etc.

Atopámonos nun mundo distópico …  Por todo isto, debemos educar nos valores.

A liberdade, a igualdade, a fraternidade deben ser o pan de cada día.

Debemos cultivar os valores educativos: da empatía, o respecto, a solidaridade, o agarimo, o amor, o traballarmos en grupo, o saber escoitar, ser tolerantes co diferente, rexeitar a mentira, a violencia tanto física como de palabra…

Tentaremos que sexa posíbel curar o mundo cos nosos remedios.

Podedes escoitar o programa de radio que fixemos para este día, clicando no apartado da nosa web "Radio Negueirós" ou no enlace: https://www.ivoox.com/dia-da-paz-e-da-non-violencia-audios-mp3_rf_81844154_1.html 

 

PARABÉNS AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA.

PARABÉNS! Para todas/os as nenas e nenos e todo o profesorado polo seu traballo na iniciativa

“PRIMAVERA DAS LETRAS”

Dende a REAL ACADEMIA GALEGA outórgannos un diploma en recoñecemento polo noso traballo en prol do recordó da vida e obra de XELA ARIAS.

FESTEXAMOS O NADAL CO COMERCIO LOCAL.

UN ANO MÁIS DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, VOLVEMOS COLABORAR CO COMERCIO LOCAL PARA FELICITAR O NADAL EN GALEGO, DECORANDO ESCAPARATES DALGÚNS COMERCIOS DE ARCADE. MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS E BO NADAL!

Distribuir contido


by Dr. Radut