Skip to Content

Viaxe a Idade Media

DÍA DA MULLER

8 de marzo, "Día da Muller".

Este ano co gallo do día da muller decidimos achegarnos as mulleres da Idade Media para afondar así un pouco máis dentro desa etapa histórica que estamos a traballar dende o noso proxecto de Centro: "Viaxe a Idade Media"

Pareceunos apaixoante coñecer o papel da muller galega nesa etapa histórica, unha etapa na que o papel das mulleres sempre estaba oculto e explicado en chave masculina, por iso decidimos visualizalo.

Escomenzamos os nosos proxecto de investigación:

1º Que sabemos? Poñémolo en común e sacamos as primeiras conclusións.

2º Investigamos, buscamos información.

3ª Organizámola e seleccionámola.

4º Montámola.

E aquí vos deixamos dúas mostras do resultado das nosas investigacións.

                                                                  

                                                                                

3ª TAREFA: A HERÁLDICA MEDIEVAL

CONTINUAMOS A AVENTURA NO CASTELO: 2ª TAREFA

A mag created with Madmagz.

COMEZAMOS A AVENTURA: "VIAXAMOS Á IDADE MEDIA"

Que aconteceu! Infórmannos dende a nosa biblioteca que apareceu un libro. Un libro moi antigo, coma este que estades a ver aquí.

A curiosidade inúndanos e ... non dubidamos máis:

“Abrimos o libro, lemos con atención

e entramos nun mundo de maxia e ilusión.”

Que escomence a aventura, alá imos...

 

Que maravilloso resultado! Unhas investigación fantásticas! J Imos velas!

 

PARABÉNS POLOS VOSOS TRABALLOS! Descuberto o enigma imos agardar pola 2ª aventura moi impacientes, non tardedes! :-) 

CELEBRAMOS O ENTROIDO MEDIEVAL

 

VER MANDATO DO ALEMANOTE

Todos os anos a Fada de Negueirós é a que nos prepara para a celebración do Antroido. Este ano  será o Alemanote  quen nos vai ir indicando o que traeremos cada día ata o venres  que celebraremos un Antroido Medieval cheo de cabaleiros, bufóns, campesiños, damas e todos os personaxes do Medievo. PREPÁRATE  PARA O GRAN ANTROIDO MEDIEVAL!!!

VISITAS AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

 Empezamos as visitas didácticas ao Castelo de Soutomaior. Durante este curso todo o alumnado visitará este espazo museístico que amosa, de maneira entretida e didáctica, información da súa historia e dos personaxes ilustres que o habitaron.

VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Distribuir contido


by Dr. Radut